Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Xuntanza escalada deportiva Canon do Sil 1 de xuño

  • Esta actividade xa finalizou.
Data: 1 Xuño
Categoría:

Xuntanza escalada deportiva Canon do Sil 1 de xuño Rematado o curso de escalada no rocódromo chega o momento de tomar contacto coa rocha. Para iso propoñemos unha xornada mañanera no Cañón do Sil o vindeiro 1 de xuño Animamos a todos os socios e socias escaladoras a  participar neste encontro. Data límite de inscricción:…

  • O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
  • Ata o Domingo 25 de Maio podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura

Xuntanza escalada deportiva Canon do Sil

1 de xuño

Rematado o curso de escalada no rocódromo chega o momento de tomar contacto coa rocha.
Para iso propoñemos unha xornada mañanera no Cañón do Sil o vindeiro 1 de xuño
Animamos a todos os socios e socias escaladoras a  participar neste encontro.

Data límite de inscricción: domingo 25 maio 22:00h

Sairemoss as 9:30 do Pavillón dos Remedios e contamos rematar sobre as 13:30h

Se precisades material: arnés, casco solicitádeo na inscrición (no apartado de observacións).

Cordas, cintas e gigri xa leva o clube.

Ainda que o Canón do Sil non conta con un Plan de regulación da escalada, para escalar na escola é preciso solicitar en Medio Ambiente de Ourense, permiso para escalar na escola.

A solicitude de permiso para escalar podes entregala directamente no rexistro do Servizo de Conservación da Natureza de Ourense (Paseo 18, 5º – 32003 – Ourense) ou en calqueira outro rexistro dun organismo público enviando unha copia escaneada co sello de entrada a [email protected] para axilizar os trámites. Tamén a podes solicitar por INTERNET con DNI electrónico, no Rexistro electrónico da Sede da Xunta de Galicia mediante o procedemento común PR004A (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PR004A)

O permiso podese solicitar para varios días ou meses (ata 2 meses como máximo), e conta con unha semana polo menos para recibir resposta. Aquí achegamosche un modelo co cal poderás solicitar o teu permiso, lembra que é de balde.

Solicitaremos un permiso conxunto para esta actividade, para eso precisamos que vos anotedes antes do domingo 25 as 22:00h

Se queredes ir a escalar ao Canon de maneira habitual, recomendámosvos que saquedes o permiso para varios meses

Modelo solicitude de permiso (formulario editable en PDF)

Requisitos para participar:
Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade e ter os ceñecementos necesarios para poder levar a cabo a actividade.

Prezo:A actividade é gratuíta.

Prazas limitadas(Requirirase un mínimo de 5 participantes para que a actividade se leve a cabo)

A inscrición non será válida se no momento de facela non se cumpren os requisitos de soci@ e federad@

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón