BASES DO CONCURSO (descarga aquí) 1. Entidade organizadora do concurso O Club Alpino Ourensán, con domicilio na Rúa Ervedelo 32-34, Local 59 (Centro Comercial Couto), 32002, Ourense, e enderezo electrónico [email protected], organiza o XXII Concurso de fotografía Club Alpino Ourensán (en adiante o Concurso). 2. Datas de inicio e finalización O prazo de recepción de…
BASES DO CONCURSO (descarga aquí)
1. Entidade organizadora do concurso
O Club Alpino Ourensán, con domicilio na Rúa Ervedelo 32-34, Local 59 (Centro Comercial Couto), 32002, Ourense, e enderezo electrónico con[email protected], organiza o XXII Concurso de fotografía Club Alpino Ourensán (en adiante o Concurso).
2. Datas de inicio e finalización
O prazo de recepción de fotografías comeza ás 00:00 do 12 de setembro de 2022 e remata ás 23:59 o 16 de outubro de 2022.
3. Como participar
3.1. O Concurso é exclusivo e aberto a tódolos socios do Club Alpino Ourensán.
3.2. Non poden participar o gañador da edición anterior nin os membros do xurado.
3.3. A participación no Concurso é de balde.
3.4. Os participantes só poderán presentar as súas fotografías a través do enderezo electrónico [email protected].
3.5. Os participantes poderán enviar ata un máximo de 3 fotografías.
3.6. No correo electrónico, os participantes deberán indicar:
Título de cada fotografía
Nome e apelidos do autor
Datos de contacto: número de teléfono e dirección de correo electrónico.
3.7. As fotografías deben presentarse en formato dixital.
3.8. Debido a que as fotografías vanse imprimir para a súa exposición é necesario un mínimo de calidade, polo deben ter un tamaño mínimo de 30×40 cm e unha resolución mínima de 300 puntos por polgada (3/4 A3).
3.9. Non se aceptarán as fotografías recibidas fora do prazo establecido no Punto 2.
4. Tema
As fotografías deben estar relacionadas coas actividades levadas a cabo polos socios do Club Alpino Ourensán en tódalas súas modalidades: montaña, sendeirismo, escalada, esquí, espeleoloxía, descenso de canons, bicicleta, caiac, paisaxes, flora, fauna, as súas xentes, etc.