Como todos os novembros dende os últimos 26 anos celebramos a nosa Semana Audivisual, nacida alá polo 1998. Nesta ocasión presentamos tres conferencias os días 20, 21 e 22 de novembro Dende estas liñas queremos invitar a calquera persoa a asistir ás mesmas, sendo a única limitación o aforo da sala. Lugar: Centro Cultural Marcos…
Como todos os novembros dende os últimos 26 anos celebramos a nosa Semana Audivisual, nacida alá polo 1998.
Nesta ocasión presentamos tres conferencias os días 20, 21 e 22 de novembro
Dende estas liñas queremos invitar a calquera persoa a asistir ás mesmas, sendo a única limitación o aforo da sala.
Lugar: Centro Cultural Marcos Valcarcel
Hora: 20:00 h
Entrada libre
PROGRAMA
20 de Novembro 2024
Ponente: Antón Gavela e Rita González Pérez
Transourensán.
Antón Gavela, expresidente do Club Alpino Ourensán e Rita González presentan unha conferencia sobre o Transourensán.
Ver máis: Ficha conferencia 20 de Novembro
21 de Novembro de 2024
Ponentes: Daniel Ballesteros, Ignacio Rafael, Celso Pérez
Sima Aradelas: 2 km de descubrimentos, alegrías e compañerismo.
No ano 2024, foron descubertas 2 km de galerías, salas e pozos virxes na Sima de Aradelas, a cova máis fonda de Galicia, situada no Xeoparque Mundial da UNESCO Montañas do Courel.
Ver máis: Ficha conferencia 21 de Novembro
22 de Novembro de 2024
Ponente: Gonzalo Fernández
Manaslú, luces e sombras no corazón do Himalaya
Despois de facer cume no Gasherbrum 2, Gonzalo Fernández adentrase nun novo proxecto: voltar escalar un ochomil. Desta vez en Nepal onde, co seu equipo, tratarán de coronar O Manaslu (8.163 m).
Ver máis: Ficha conferencia 22 de Novembro
COLABORAN