Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades
Buscar Actividades

Navegación entre vistas de Eventos

Actividades pasados

Subscríbete ás actualizacións do calendario do club

Actividades Lista de Navigation

Abril 2023

Espeleoloxía: Exploración cova de Arcoia no Courel – 30 Abril

30 Abril 2023

Aproximación y exploración de la cueva de Arcoia el Domingo 30 de Abril.

Más Información »
Maio 2023

BTT: Saída de iniciación ao cicloturismo 6-7 maio// Aprazada

6 Maio 2023 - 7 Maio 2023

Aprazamos a saída polo mal tempo. En canto teñamos novas datas comunicarémosvolas Saída de iniciación ao cicloturismo –6-7 maio apta para familias afeitas a andar en bici. Ruta de 30 km para iniciarse e desfrutar do pracer de viaxar en bicicleta. Aproveitando a Ecovía internacional do Támega, sairemos o sábado pola mañá de Verín coas

Más Información »

Montaña, Sendeirismo: Salentinos 13-14 maio

13 Maio 2023 - 14 Maio 2023

Ruta de senderismo ca esperanza de alviscar osos. Guiados por xente coñecedora da zona. Das rutas non podemos dar máis información pois depende da zona por onde poidan andar os osos (non está garantizada o seu avistamento).

Más Información »

Espeleoloxía: Xornadas verticais en Montealegre – 20/21 Maio (cancelada por falta de participantes)

20 Maio 2023 - 21 Maio 2023

Descripción actividade Adicarémonos esta fin de semana a repasar e practicar as habilidades de progresión en terreo accidentado, con e sen material de apoio, na Zona Liliputiense e Porugas, ambas zonas situadas nas inmediacións do vértice xeodésico de Montealegre. A aproximación pódese realizar en vehículo, directamente ata a zona de aparcamento próxima, ou dende a

Más Información »

Sendeirismo: Serra do Suido Vivac – 20/21 Maio

20 Maio 2023 - 21 Maio 2023

Tràtase de facer dúas xornadas de sendeirismo, con vivac polo medio, na Serra do Suido, que forma parte da Dorsal Galega e posue unha riqueza paisaxistica, etnogràfica e faunistica salientables.

Más Información »
Xuño 2023

Infantís, Orientación: Iniciación á orientación: 4 xuño

4 Xuño 2023

Percorrido de orientación en Cenlle. Dous niveis; iniciación e avanzado, según demanda. Para todas as idades; pódese facer individualmente, en parellas ou pequenos grupos.

Más Información »

Infantís: Sendeirismo infantil polas marxes do río Miño : 10 xuño 2023

10 Xuño 2023

Paseo pola ribeira do río Miño. Paseo fluvial moi agradable e preto do río baixo árbores durante a maior parte do percorrido. Con posibilidade de baño ao remate da actividade.

Más Información »

Escalada, SUP: Multiactividade Barbanza – 10-11 Xuño 2023 (cancelada por falta de participantes)

10 Xuño 2023 - 11 Xuño 2023

Multiactividade a desenvolver na zona do Barbanza (A Coruña). Na mesma teremos a posibilidade de poder facer escalada e SUP (Stand Up Paddle Board).

Más Información »

Escalada: Quedada escalada deportiva: Costa norte Galicia 17-18 xuño (cancelada por falta de participantes)

17 Xuño 2023 - 18 Xuño 2023

Actividade para dar a coñecer varias zonas de escalada en acantilados na zona norte de Galicia, o entorno de Ponteume / A Coruña.

Más Información »

Escalada, Infantís, Sendeirismo: Multiactividade San Xoan: Baroña/Corrubedo (infantís, sendeirismo, escalada)

24 Xuño 2023 - 25 Xuño 2023

Algunhas socias propoñemos unha fin de semana de multiactividade, para celebrar o San Xoan na zona de Praia das Furnas en Porto do Son, no que haberá tempo para facer escalada, sendeirismo infantil e de adult@s e tamén para festexar os días máis longos do ano.

Más Información »
Xullo 2023

Espeleoloxía: Covas de Valporquero 15-16 xullo (cancelada por falta de participantes)

15 Xullo 2023 - 16 Xullo 2023

Espeleoloxía en Valporquero 15-16 de Julio

Más Información »

Sendeirismo: Cortegada 30 xullo (Cancelada por indisposición organizadores)

30 Xullo 2023

SENDEIRISMO EN CORTEGADA “O RÍO QUE NOS CHAMA” Despois das dúas etapas realizadas na Ribeira Sacra, o Miño segue a nos chamar, nesta ocasión para facer un roteiro circular polo Concello de Cortegada. Vila de baños mineromedicináis xa dende a época romana á que nos achegaremos para disfrutar das súas paisaxes naturais e tamén das súas aldeas,

Más Información »
Agosto 2023

Información: XXIII Concurso fotográfico Club Alpino Ourensán

1 Agosto 2023 - 22 Outubro 2023

Bases XXIII concurso fotográfico Club Alpìno Ourensán 2023 (descargar aquí) 1. Entidade organizadora do concurso O Club Alpino Ourensán, con domicilio na Rúa Ervedelo,  32-34 Local 59 (Galerías Couto), 32002, Ourense,  organiza o XXIII Concurso de fotografía Club Alpino Ourensán (en adiante o Concurso). 2. Datas de inicio e finalización O prazo de recepción de fotografías

Más Información »

Escalada, Infantís, Montaña, Sendeirismo: Pirineos 2023 5-12 agosto Val de Ansó

5 Agosto 2023 - 11 Agosto 2023

E chegou o momento!! Coa ilusión de sempre e a inestimable axuda de socios e socias, queremos poñer a andar o campamento de Pirineos 2023. Para elo necesitaremos ter unha estimación das persoas que estades interesadas, especialmente no caso daquelas que vaiades facer uso da zona de acampada. Si xa sabedes con quen ides compartir

Más Información »

Sendeirismo: Perseidas no Refuxio de Manzaneda 12 agosto (Cancelada por falta de participantes)

12 Agosto 2023

Pernocta social, a noite do Sábado 12 ao Domingo 13, para observar as perseidas, a choiva de estrelas fugaces mais popular do ano. Data límite para a inscripción 26 de xullo 21:00h Información útil Comezo (lugar, hora…):Sábado 12 de agosto Refuxio CAM en Manzaneda Transporte: Transportes particulares. Material recomendado: Equipo de pernocta en refuxio e/ou

Más Información »
Setembro 2023

Infantís: Sendeirismo infantil Pasarelas de Traba 2-3 setembro – Cancelada

2 Setembro 2023 - 3 Setembro 2023

  Cancelada    

Más Información »

Escalada: X Maratón escalada Canón do Sil 9 setembro 2023

9 Setembro 2023

9 de setembro de 2023 Escola de escalada do Canón do Sil MARATÓN ESCALADA CANÓN DO SIL: 12 H, 5 PROXECTOS Este ano mudamos o carácter competitivo do evento e propoñémoste que aproveites esta xornada para probar/encadear/coñecer os diferentes sectores do canón do sil e fanatizarte con polo menos unha vía en cada un deles. Aproveitando

Más Información »

Sendeirismo: A toda costa 16-17 setembro 2023

16 Setembro 2023 - 17 Setembro 2023

Seguindo co proxecto, que xa leva uns anos, de percorrer a costa galega; Este ano toca a costa lucense.

Más Información »

Montaña: Travesía con vivac Macizo Occidental Picos de Europa 23-24 setembro

23 Setembro 2023 - 24 Setembro 2023

Actividade que pretende percorrer o corazón do Macizo Occidental de Picos de Europa, en autonomía e alcanzar algún dos seus cumes máis senlleiros a Torre Santa de Castilla, pola vía do Ojal (III+). Vivaquearase no Jou Santu, regresando a Pan de Carmen, cumbreando a Torre do Torco e a cresta de as Tres Marías (III+), ata acadar a horcada del Alba e completar unha actividade circular polo Mosquil de Cebolleda..

Más Información »

Escalada: Quedada escalada deportiva no Galiñeiro 30 setembro

30 Setembro 2023

Xornadas de escalada nunha das zonas de granito máis emblemáticas de Galicia.

Más Información »
Outubro 2023

Escalada: Rocódromo tempada 2023-2024 (01/10/2023-31/05/2024)

1 Outubro 2023 - 31 Maio 2024

Rocódromo tempada 2023-2024 (01/10/2023-31/05/2024) Como todos os anos retomamos a clásica actividade do club no rocódromo. Esta actividade permite un uso do rocódomo conxuntamente tanto ós que xa levan tempo escalando como aos que están comezando. Aclaracións uso  do rocódromo: • As normas xerais de uso do roco seguen sendo as indicadas máis abaixo. •

Más Información »

Escalada: Coñece a Escalada Infantil/Xuvenil 7 de Outubro – Buxán (Lugo)-Aprazada por falta de xente

7 Outubro 2023

A escola de escalada de Buxán é o entorno ideal para iniciarse na Escalada Deportiva.
Un pe de via idoneo para as familias. Completamente chairo e sen riscos e unha selección de vias de dificultade baixa e moderada bastante abundante. Vias de lonxitude media/curta nunha roca en xeral compacta e de boa calidade.

Más Información »

Sendeirismo, Veteranos: IV Etapa Transourensán 8 outubro

8 Outubro 2023

Sendeirismo polo Transourensán. Saimos desta volta do pobo de Fontedoso (para que a ruta non sexa excesiva), faremos o Bidueiral de Gabin para ir despois hacia o Teixedo e a Ferreiría e rematando ao final da pista que chega ata a carreteira de Chandrexa. Aprox. poden ser 18 km.

Más Información »

Escalada, Montaña: Montaña e Escalada na Reserva da Biosfera Alto Bernesga – 12 ó 15 Outubro 2023

12 Outubro 2023 - 15 Outubro 2023

CUATRO VALLES aglutina un extenso territorio que comprende boa parte da montaña leonesa.
Son 7 comarcas que teñen en común a súa fisiografía montañosa, chea de vals e cumios cunha natureza privilexiada.
Xa temos visitadas as comarcas de Laciana e Alto Sil e Luna; así que toca darlle una volta á comarca do Bernesga.

Más Información »

Escalada, Formación: Curso iniciación a escalada en rocódromo 16-19-23-30 outubro (aprazado)

16 Outubro 2023 - 30 Outubro 2023

Curso de iniciación á escalada, os días 16-19-23-30 outubro no Rocódromo do Pavillón. Impartiranse nocións básicas de escalada, como encordarse e a segurar a un compañeiro de cordada. Horario:20.00h-22:00h O curso será de 8 horas  e requírese un mínimo de 4 participantes e un máximo de 6. Requisitos:ser socio/socia do clube, estar  federado e ser socio

Más Información »

Espeleoloxía: Coñece Covas 21-22 Outubro

21 Outubro 2023 - 22 Outubro 2023

21 – 22 de outubro: Actividade de espeleoloxía na covas de Silverto e Cornatel Cavidade de fácil acceso, cómoda e doada tanto para adultos coma rapaces que teñan interés en adentrarse na nosa nai Gea, para ter una experiencia única, onde se podrían ver morcegos, e diversas formacións que durante milleiros de anos a auga

Más Información »

Escalada: Xuntanza escalada clásica en Peñas del Prado (28-29 de outubro 2023)-Aprazada pola choiva

28 Outubro 2023 - 29 Outubro 2023

Actividade que pretende abrilo terreo de xogo dando a coñecer un deses vales con feitizo, Arbás.

Más Información »
Novembro 2023

Espeleoloxía: Coñece Mondoñedo 4-5 novembro

4 Novembro 2023 - 5 Novembro 2023

4-5 de Novembro: Actividade Coñece a Espeleo na Mariña Lucense Coñece a espeleo, trátase dunha actividade de toma de contacto coa Espeleoloxía, visitando de paso a cova de maior desarrollo da comunidade, a cova do Rei Cintolo. Este Coñece a Espeleoloxía está aberto a todo aquel soci@ maior de 8 anos que teña interese en

Más Información »

Escalada, Formación: Curso iniciación a escalada en rocódromo 6-9-13-16 novembro

6 Novembro 2023 - 16 Novembro 2023

  Curso de iniciación á escalada, os días 6-9-13-16 de novembro no Rocódromo do Pavillón. Impartiranse nocións básicas de escalada, como encordarse e a segurar a un compañeiro de cordada. Horario:20.00h-22:00h O curso será de 8 horas  e requírese un mínimo de 4 participantes e un máximo de 6. Requisitos:ser socio/socia do clube, estar  federado e

Más Información »

Información: Magosto social en Manzaneda 18 novenbro 2023

18 Novembro 2023

Sábado 18 de Novembro a partir das 16:00h , Magosto social no refuxio Pena do Caldeiro en Manzaneda As castañas ponas o club , do resto cada un  traerá o seu Gozaremos do noso refuxio e da súa contorna con xogos populares  acenderemos a cheminea para asar as castañas e o que faga falta. Hora

Más Información »
+ Exportar Actividades listados

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón