Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades
Buscar Actividades

Navegación entre vistas de Eventos

Actividades pasados

Subscríbete ás actualizacións do calendario do club

Actividades Lista de Navigation

Febreiro 2022

Montaña: Montaña:Fuentes Carrionas (26 febreiro-1 marzo)

26 Febreiro 2022 - 1 Marzo 2022

Fuentes Carrionas (26febreiro-1marzo):   Travesía con vivac do Alto Carrión (Montaña Palentina)  A Integral da Montaña Palentina consiste en percorrer toda a dorsal que, partindo do  Curavacas, enlaza coas Tres Provincias polo Ves, e dende alí por Las Cuartas, Murcia.. ata o Espigüete. Unha distancia teórica de 30 km, que se pode alongar ascendéndose  o Peña Prieta, supérase un desnivel acumulado de aproximadamente 3400 m e  practicamente nunca se baixa dos 2000 m de altura, sendo o seu teito o Curavacas con 2520 m.  Información útil  Comezo (lugar, hora…):    Sábado 26: Vidrieros 7:30h    Transporte:  coches particulares Material:  Os participantes deben     contar     co     material     básico: piolet,  crampóns e casco (o clube ten un número limitado deste  material que podedes solicitar).   Material     xeral recomendado travesía: botas cramponables  ríxidas ou semirríxidas, polainas, roupa de abrigo para  condicións invernais, luvas, protección solar, mochila de  30-40L, cantimplora ou bolsa tipo camel, barritas ou comida de  ataque, comida para cear e almorzar, frontal, fornelo.    Material técnico último día: doble piolet, arnés, casco, material  de progresión: friends, fisureros, tornillos, cintas e material  para asegurar e rapelar.  (Todo o material técnico deberá estar homologado e en bo uso).  Pernocta:  Vivac. Levar tenda ou funda de vivac.    Requisitos para  participar:  Para a travesía: ter feito algún “coñece a montaña invernal” ou  saber progresar e autodeterse en montaña invernal.   Último día: ter participado nalgún “coñece o material de  progresión na escalda clásica” ou ter experiencia neste terreo. Información técnica  Actividade de montaña  DIA 1  Descripción da actividade a realizar   Saíndo de Vidrieros, remontamos as Curavacas polo Callejo Grande (F+, III/1) e  continuamos pola súa dorsal, para enlazar a cresta do Alto Carrión ata os campos de  Xibraltar, onde instalaremos o vivac. (Según o horario pódese subir a Tres Provincias e  Peña Prieta o mesmo día, ou deixalo para o segundo día).    DIA 2  Descripción da actividade a realizar   Seguiremos a cresta e os seus cumes (Guadañas, Malas, Murcia, Hoya de Martín  Vaquero...) para rematar coa subida ó Espigüete, pola Norte Clásica (PD, III/1) ou pola  cresta NO (AD, III/2-), e a baixada a Cardaño de Abaixo.  ________________________________________________________________________________  Info:   Desnivel acumulado positivo: 3575m  

Más Información »
Marzo 2022

Espeleoloxía: Coñece a espeleo : Mondoñedo 5-6/03/2022

5 Marzo 2022 - 6 Marzo 2022

Coñece a espeleo : Mondoñedo Coñece a espeleo, trátase dunha actividade de toma de contacto coa Espeleoloxía, visitando de paso a cova de maior desarrollo da comunidade, a cova do Rei Cintolo. Este Coñece a Espeleoloxía está aberto a todo aquel soci@ maior de idade que teña interese en coñecer o mundo subterráneo e o

Más Información »

BTT, Escalada, Sendeirismo: Día da muller 19 de Marzo

19 Marzo 2022

Día da muller 19 de Marzo Retomamos a actividade para o  19 de Marzo, pero esta vez no  Pindo Escalada: escalaremos na zona de escalada do Pindo coa actividade que xa estaba programada:  https://www.clubalpinoourensan.es/actividade/monte-pindo/ BTT:A actividade proposta terá unha distancia duns 33 quilómetros con 500 metros de desnivel positivo e outros tantos negativos.Nesta ligazón pode

Más Información »

Escalada: Escalada no Monte Pindo 19-20 marzo

19 Marzo 2022 - 20 Marzo 2022

Escalada no Monte Pindo 19-20 marzo Descripción da activiade Escalada no monte Pindo. Sector o Collado Quedaremos aquí as 10:30 onde se deixan os coches antes da presa do embalse do Ézaro, o lado dunha pista que baixa. Dende o coche ata o sector o Collado temos un tramo a pé de uns 50 minutos

Más Información »

Infantís, Sendeirismo: Natureza e xogo no Barbantiño 20 de marzo

20 Marzo 2022

NATUREZA E XOGO NO BARBANTIÑO, 20 DE MARZO  Descripción da actividade a realizar Sendeirismo na natureza e xogos de expresión. Actividade multiedade, apta para nenos.  Proposta lúdica que mixtura una ruta de 4 km de lonxitude con 200 m de desnivel positivo acumulado e xogos para crear e compartir a través de ferramentas como o debuxo, a fotografía, etc.​Camiñaremos pola beira do río Barbantiño, ata a

Más Información »

Sendeirismo: Xurés 26-27 marzo 2022

26 Marzo 2022 - 27 Marzo 2022

Xurés 26-27 marzo 2022 SÁBADO 26 DE MARZO – PICO NEVOSA SAÍDA DENDE A CAPELA DA NOSA SEÑORA DO XURÉS HORA DE SAIDA: 9:30h LONXITUDE: 19 km con 1123m de desnivel CIRCULAR Sairemos dende a ermida polo camiño que vai á b eira do río Vilameá ata as Minas das Sombras. A partir de aquí

Más Información »
Abril 2022

Escalada: Compromiso alpino – INICIACIÓN AO AUTORRESCATE en parede 2 abril

2 Abril 2022

Compromiso alpino – INICIACIÓN AO AUTORRESCATE en parede Data límite para a inscripción  31/03/2022 Información útil Comezo (lugar, hora…): 9h – Escola de escalada do Canon do Sil, sector Camachuelo Transporte: En vehículos particulares. Material recomendado: Material personal: - Casco - Arnés - Descendedor tipo “reverso” e mosquetón de seguro - Dos cordinos para nudo machard e os seus mosquetons de seguro - Cabo de ancoraxe -

Más Información »

Escalada: Escalada no Barbanza 9-10 abril

9 Abril 2022 - 10 Abril 2022

Quedada de escala no Barbanza (Pedra Serpal e Castro de Baroña) Actividade na que podemos escalar o día 9 na Pedra Serpal e o 10 no Castro de Baroña. Día 9 Pedra Serpal Para acceder a Pedra Serpal podemos facer unha pequena ruta de sendeirismo en vez de realizar o acceso cos coches pola pista

Más Información »

Escalada, Infantís, Montaña, Sendeirismo: Semana Santa 2022: Luna 14-17 abril

14 Abril 2022 - 17 Abril 2022

MULTIACTIVIDADE: MONTAÑA, SENDEIRISMO, ESCALADA E INFANTÍS EN SENA DE LUNA: Proposta de montaña, sendeirismo e escalada non entorno de Sena de Luna, dentro do parque natural de BABIA y LUNA. O Parque Natural de Babia e Luna está situado na vertente meridional da Cordillera Cantábrica, no sector centro-occidental da montaña de León. Ocupa os termos

Más Información »

Infantís, Sendeirismo: Natureza e xogo ” No Pozo do Inferno”:17 abril (cancelada)

17 Abril 2022

NATUREZA E XOGO NO POZO DO INFERNO, 17 DE ABRIL Data límite para a inscripción Xoves 14 de Abril Información útil Comezo (lugar, hora…): 11:00 h – No pobo do Viñao, a 20 km da cidade de Ourense Transporte: Coches particulares Material recomendado: Actividade de sendeirismo. Vestimenta e calzado axeitados. Comida e auga para pasasr

Más Información »

Escalada: Coñece a escalada : O Galiñeiro

23 Abril 2022 - 24 Abril 2022

A medida que se acheguen as datas iremos dando máis información Requisitos para participar: Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade Prezo:A actividade é gratuíta. Prazas limitadas(Requirirase un mínimo de 5 participantes para que a actividade se leve a cabo) A inscrición non será válida se no

Más Información »

Sendeirismo: Camiñando as Fragas do Eume 30 abril – 1 maio

30 Abril 2022 - 1 Maio 2022

 Camiñando as Fragas do Eume 30 abril - 1 maio O vindeiro sábado 30 abril camiñaremos por varias das fragas máis descoñecidas que rodean o río Eume, o cal nace na serra do Xistral e fúndese co océano en Pontedeume (A Coruña). A ruta circular de dificultade moderada, discurrirá polo concello de As Pontes (A

Más Información »
Maio 2022

Sendeirismo: Circular Moreiras – Toén 8 maio

8 Maio 2022

Circular Moreiras - Toén 8 maio Descrición: Este percorrido sorprende polos seus espectaculares vistas sobre o río Miño, así como pola riqueza arquitectónica do concello de Toén. Iniciando o roteiro en Moreiras, a senda percorre os seus primeiros tramos polo núcleo urbano que conta con construcións ben conservadas e de boa factura, como a súa

Más Información »

Sendeirismo: Natureza e Xogo no laberinto de Montealegre, 15 de maio (cancelada)

15 Maio 2022

NATUREZA E XOGO NO LABERINTO DE MONTEALEGRE, 15 DE MAIO Información útil Comezo (lugar, hora…): 10:00 h – En Montealegre, 5 km da cidade de Ourense Transporte: Coches particulares Material recomendado: Actividade de sendeirismo. Vestimenta e calzado axeitados. Comida e bebida para pasalo día. Descripción da actividade a realizar Sendeirismo na natureza e xogos de

Más Información »

Montaña: Coñece a montaña con vivac en Trevinca 21-22 maio (aprazada por treboadas)

21 Maio 2022 - 22 Maio 2022

Coñece a montaña con vivac en Trevinca 21-22 maio DESCRICIÓN DO ROTEIRO: Circular con vivac en Trevinca Amplo roteiro circular que percorre durante preto de 50 Km. o macizo de Trevinca desde a súa vertente Zamorana . Este roteiro percorre gran parte do parque Natural do Lago de Sanabria , desde os vales próximos ao

Más Información »

Escalada: Escalada artificial : Pena Corneira 28 maio

28 Maio 2022

Nova actividade do programa COMPROMISO ALPINO adicado a ascender unha cume modesta pero icónica da nosa xeografía. Todo un emblema na escalada Galega e do Clube Alpino Ourensan. Prácticas de ESCALADA ARTIFICIAL en varias das suas vias. A0, A1 e A2 moi útil para adquirir recursos de cara as nosas escaladas en parede. Información útil

Más Información »

Trekking: Coñece o trekking : Manzaneda 29 maio

28 Maio 2022

Coñece o trekking : Manzaneda 29 maio Actividad esencial de acercamiento al senderismo de aventura «fuera de pista señalizada»   Data límite para a inscripción: Mércores 25 Maio 2022 Información útil Comezo (lugar, hora…):Refuxio Pena do Caldeiro (Manzaneda) 10:00h El Domingo 29 realizaremos una travesía de media montaña,partiendo de las inmediaciones del refugio del Club

Más Información »
Xuño 2022

Espeleoloxía: Coñece a espeleoloxía vertical : Canón do Sil 4 Xuño (aprazada)

4 Xuño 2022

Coñece a espeleoloxía vertical : Canón do Sil 4 Xuño Nas nosas saídas de espeleoloxía regularmente temos que usar equipos de vertical para superar as dificultades como pozos e salvar outras, sempre co grado máximo de seguridade, e por iso que despois do anterior Coñece a Espeleloxía, propoñemos aos interesado@s esta actividade chea de recursos

Más Información »

Infantís, Sendeirismo: Descubrindo o río Sor 4-5 xuño

4 Xuño 2022 - 5 Xuño 2022

Actividade infantil/adult@s para a finde do 4 e 5 de Xuño:"Descubrindo o río Sor (Mañón)". Sábado 4 de Xuño: Faremos sendeirismo todo pola beira do Río Sor duns 12km lineal e case sen desnivel.  Comezaríamos na ribeira do Bispo, estando toda a camiñada rodeados de fragas de ribeira, pasando por diversas áreas recreativas e distintos

Más Información »

BTT, Escalada, Sendeirismo: Multiactividade en Oia 11-12 xuño

11 Xuño 2022 - 12 Xuño 2022

Multiactividade en Oia 11-12 xuño Multiactividade en Oia: sendeirismo, escalada, bicicleta de montaña. Tod@s @s participantes deberán indicar nas observacións as actividades nas que se inscriben. Punto de quedada  sábado día 11 Mosteiro de Oia as 10:30h SENDEIRISMO  Sábado :Ruta Máxica de Oia https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/ruta-maxica-de-oia-36317955 Domingo : Muiños do Folón e do Picón https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/2020-muinos-do-folon-e-do-picon-50255852/photo-33393071   BTT  Sábado:   https://es.wikiloc.com/rutas-mountain-bike/btt-chourizada-de-oia-2019-32602765 

Más Información »

Sendeirismo: Natureza e Xogo na Zarra, 12 de Xuño (cancelada)

12 Xuño 2022

Natureza e Xogo na Zarra, 12 de Xuño Información útil  Comezo (lugar, hora…):   11:00 h – No pobo da Bergueira, 10 km da cidade de Ourense  Transporte:  Coches particulares  Material recomendado:  Actividade de sendeirismo e exploración. Vestimenta e calzado  axeitados. Comida e bebida para pasar o día  Descripción da actividade a realizar     Multiactividade: Sendeirismo, exploración, taller de contacontos e xantar no bosque. ​ Actividade para nenos por fora e por dentro.​ ​ Ruta de 4 -6Km de lonxitude con 300 m de desnivel positivo acumulado. Visitaremos o petroglifo da Zarra (xa en breves e o solsticio de verán!). * Exploraremos o bosque de carballos na procura dun lugar resgardado.  *Contaremos uns contos. Pasaremos o día no bosque e xantaremos alí, prepara as tuas delicatessens.​   O punto de encontro será o día 12 de Junio, ás 11:00 h da maña no pobo da Bergueira, a 10 km da cidade de Ourense.​   Coordinadora: Laura Lobón Castro.    Requisitos para participar: Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade Prezo:A actividade é gratuíta. Prazas limitadas(Requirirase un

Más Información »

Sendeirismo: Coñece as covas camiñando 18 xuño (cancelada)

18 Xuño 2022

Coñece as covas camiñando 18 xuño Coñece as covas, o espazo interior. Actividade esencial de achegamento ao misterioso e enigmático universo subterráneo dende unha perspectiva alternativa e inclusiva, contemplando aspectos naturais, culturais, lúdicos, artísticos ou meramente estéticos. Comezo: Domingo 19 Xuño ás 9:30 horas. Punto de encontro: gasolineira da Barosa (A Barosa, O Bierzo). Transporte:

Más Información »

Montaña, Sendeirismo: Coñece Picos de Europa : 24-25-26 xuño ” Collado Jermoso”

24 Xuño 2022 - 26 Xuño 2022

Coñece Picos de Europa : 24-25-26 xuño " Collado Jermoso" Información útil Comezo (lugar, hora…):Saida o 24 as 8:00h da explanada do Pabellón dos Remedios. Transporte: Vehículos particulares. Material recomendado: Saco, esterilla, frontal, roupa e calzado de montaña, comida,bebida… Pernoctas: Para o día 24 opción  : Camping de Posada de Valdeón.https://campingelcarespicosdeeuropa.com/  (reservas por conta de

Más Información »
Xullo 2022

Kaiak: Kaiak de mar: Redes 9-10 xullo

9 Xullo 2022 - 10 Xullo 2022

Actividade Kaiak de mar- Redes 9 - 10 xullo Un ano máis coa colaboración de Base Kaiak de Mar-Club Marítimo de Redes temos programadas unhas xornadas de kaiak de mar para o 9-10 xullo Sádado Día 9: 16.30 a 19.30 h Curso Multi Nivel + Roteiro curto Domingo Día 10: 10:00 a 17:00h Roteiro Fragas

Más Información »

Sendeirismo: Circular dos ríos, mámoas e praias de Vilaboa- 16 xullo 2022

16 Xullo 2022

Circular dos ríos, mámoas e praias de Vilaboa- 16 xullo 2022 Roteiro dos muiños e mámoas do morrazo leste. Ruta circular espectacular, saíndo das salinas de Ulló (Vilaboa, ría de Vigo), ata a lagoa de Castiñeiras, ascendendo polo río  Sidral e descendendo polo río Maior, con baño refrescante no porto de Santa Cristina,  exploración de vila pantasma e das mellores mámoas das rías baixas  Información útil  Comezo (lugar, hora…):   Parking das salinas do Ulló (Vilaboa), ás 10:30 horas do  sábado 16 de xullo de 2022   Transporte:  Coches particulares.   Material recomendado:  Material de sendeirismo sinxelo. Gorro, crema solar.. Equipo de baño. Comida e auga para pasalo día.    Actividade intereredad Dificultade moderada. Distancia 23 km. Desnivel positivo 620 metros.   Descripción da ruta   Saída das salinas do Ulló (Vilaboa, ría de Vigo), ascensión polo río Sidral, exploración das  mámoas de Cotorredondo. Xantar no lago de Castiñeiras. Continúase por sendeiro ata a  vila de Sobreira, dende ahí descenso polo río Maior ata o porto de Santa Cristina. Posible  baño na Praia do lugar. Continúase por Larache. Exploración da vila abandonada das  salinas. Fin da ruta no parking das salinas a media tarde. Requisitos para participar: Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia

Más Información »

Formación, Sendeirismo: Coñece o campamento e aprende a revisar o teu material de acampada: Manzaneda 16-17 Xullo 2022 (cancelada)

16 Xullo 2022 - 17 Xullo 2022

Coñece o campamento e aprende a revisar o teu material de acampada: Manzaneda 16-17 Xullo 2022 Actividade social para revisar e manexar diverso material de acampada. Tendas, sacos, esterillas, fornelos, etc. Coñecer diverso tipos de tenda, practicar a montaxe e aprender a recoñecer os lugares idóneos de pernocta outdoor, así como poñelas a punto para

Más Información »
Agosto 2022

Escalada, Infantís, Montaña, Sendeirismo: Pirineos do 7-12 agosto 2022 Valle de Arán-Aigüestortes

7 Agosto 2022 - 12 Agosto 2022

Pirineos do 7-12 agosto Valle de Arán-Aigüestortes

Más Información »

: Coñece o Firmamento: Perseidas 2022 Manzaneda sábado 13 agosto

13 Agosto 2022 - 14 Agosto 2022

Coñece o Firmamento: Perseidas 2022 Manzaneda sábado 13 agosto Pernocta social, a noite do Sábado 13 ao Domingo 14, para observar as perseidas, a choiva de estrelas fugaces mais popular do ano. A tarde do Sábado e a mañá do Domingo poden combinarse cuns pequenos roteiros polos arredores Información útil Comezo (lugar, hora…): -Tarde do

Más Información »
Setembro 2022

: Curso iniciación ao Surf : Nemiña 3-4 setembro 2022

3 Setembro 2022 - 4 Setembro 2022

Curso de iniciación ao surf no precioso entorno da praia dunar de Nemiña. Levaranse a cabo dúas clases de dúas horas cada unha, os días 3 e 4 de setembro de 2022, das 17 ás 19h. Comezo (lugar, hora…):Praia de Nemiña, escolar SURF COSTA DA MORTE https://maps.app.goo.gl/AgUdDPjBoLcYWczEA. Sábado 3 de setembro de 2022, ás 17.00h (comezo

Más Información »

Escalada: IX Maratón de escalada “Canón do Sil” 10 Setembro 2022

10 Setembro 2022

Nova edición deste tradicional evento de escalada no Canón do Sil sendo ano a IX edición   Os participantes, deberán de ser autosuficientes e contarán cun mapa e croquis dos sectores. Ao rematar, sobre ás 21:00 horas, realizarase a entrega de premios, á cordada gañadora,  farase un sorteo de material proporcionado polos patrocinadores: a tenda

Más Información »
+ Exportar Actividades listados

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón