Hosting por Logo dinahosting
4 Febreiro, 2015

¿Queres formar parte do equipo de Carreiras por Montaña?

equipo carreiras

 

O obxectivo é crear un equipo de carreiras por montaña que represente o club nas competicións oficiais e non oficiais desta modalidade, creando un programa onde os socios interesados nas carreiras por montaña poidan, a través do club, adestrar, competir e formarse nesta disciplina, ademais de que os socios que xa practiquen este deporte se atopen avalados polo club.

Non importa se nunca fixeches carreiras por montaña ou se levas anos, estará aberto a todos os socios federados interesados. Entre todos os membros do equipo escollerase o calendario de actividades e en base ó mesmo organizar un adestramento planificado para o equipo e establecer citas para adestrar. Así mesmo o equipo propoñerá saídas de fin de semana, dentro do programa de actividades do club.

Os requisitos para formar parte deste equipo son, ter ganas de correr :-), estar federado ¡é que cubra carreiras por montaña! e un mínimo compromiso co equipo e o resto de integrantes.

Ponte en contacto co club se estás interesado [email protected].

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Acepto a política de protección de datos personais

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón