Hosting por Logo dinahosting
9 Febreiro, 2007

“El Morredero” : Iniciación na Alta Montaña


“El Morredero”
Iniciación á Alta Montaña
28 xaneiro 2007

A vocalía de montaña programou esta saída coa intención de iniciar á aqueles socios que así o quixeran na montaña invernal. Estivemos toda a semana esperando pola neve que este ano se nos escapa constantemente. Finalmente o día chegou, e alá fomos madrugadores a iniciarnos primeiramente neso de por as cadeas ós coches, empurrar por eles etc….Uns viñan a iniciarse, outros a pasar o día na montaña en compañía dos demáis (en total fomos 28).
A actividade na que participaron 20 neófitos consistiu na ascensión á “Silla de la Yegua” (2135 m.) provistos de raquetas e na práctica posterior do uso do piolet etc…Non levamos os crampóns porque a escasa neve non nos permitiría usalos. Quedan logo pois para o seguinte curso.
Os monitores (Antón e Quico) comenzaron cunha charla sobre o material técnico, o seu uso etc…O grupo chegou raqueteando á cima entre ventos de 60 e 70 km por hora (¡¡¡menudo comezo!!!) e nun ventisqueiro, con placa de vento incluída comenzaron as prácticas de manexo e usos do piolet clásico e demostración dos seguros habituais nesas condicións (ancla, estaca de neve) e tamén de seguros de fortuna. Antón foi o primeiro e tirarse para ensinar a autodetención e alá foron todos detrás. Tamén se fixo ramaseo, e se lles ensinou cómo “patear” por neveiros, pendentes etc…
Un día completo cómo podedes comprobar.
Pero esto non remata eiqui.

ESTAREMOS EN CONTACTO

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Acepto a política de protección de datos personais

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón