Hosting por Logo dinahosting
1 Setembro, 2014

50 km a toda costa

Dende PUNTA COMPÁS as ILLAS ISARGAS
12-13 e 14 de setembro de 2014

Como vimos facendo duns anos a esta parte, percorremos cada mes de setembro un anaco da nosa costa “en estilo alpino” … levando comida e aloxamento con nos e non deixando nada polo camiño.

Este ano saimos das inmediacions de Arteixo (Punta Compas – Balcobo) con destino final no Cabo de San Adrian, mirador natural das Illas Isargas. E se cadra, quizais hai posibilidade de visitalas.

A ruta ten unha lonxitude aproximada de 45 km para facer en dous días, saindo ben cedo o sábado e chegando a tardiña do domingo. Durmida en tenda/vivac (segundo queira cada quen) a medio camiño.

Non hay dificultade técnica ningunha nin desniveis reseñables.
Compre levar todo o necesario para comer e durmir polo camiño.
No caso de precisar algunha cousa cruzaremos os pobos de Caión e Malpica de Bergantiños

En canto as opcións de aloxamento para a noite do venres está o camping de Balcobo aberto nesta época e moi perto do punto de saida.

Calquera dúbida a maíores contactade con Víctor: [email protected]
Inscribídevos no club a partir de hoxe (día 1).

Prezo estimado da actividade: 6 €

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Acepto a política de protección de datos personais

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón