Dende hoxe, xa pode tramitarse a licenza federativa da Federación Galega de Montaña (FGM) e da Federación Galega de Espeleoloxía (FGE) para o vindeiro 2022.
Este ano o procedemento para federarse será o mesmo que o ano pasado. As licenzas poderán tramitarse:
- No local do club os mércores
- Mediante un formulario de solicitude habilitado a tal efecto (opción preferida)
Lembra que é imprescindible ser socio do club para tramitar a licenza. Podes facerte socio por un só trimestre.
O pago da mesma seguirá realizádose por transferencia bancaria ou ingreso bancario.
Xa a tramites por internet, ou no local do club, pedimosche que nos facilites o traballo e traigas xa o xustificante de ingreso pola licenza solicitada.
Haberá que facer unha solicitude de licenza por socio, ainda que o ingreso bancario poderá facerse por varias licenzas sempre que no concepto se contemple o nome de TODOS os socios solicitantes das licenzas.
Prezos das licenzas da FGM 2022
PROCEDEMENTO PARA FEDERARSE
- Ser socio do club con todas as cotas ao día.
- Elixir o tipo de licenza que desexas e si precisas algún dos suplementos que coma en anos anteriores se págan por separado.
- Abonar na conta do club (por ingreso ou transferencia) o importe da licenza escollida e suplemento se é o caso indicando como concepto Licenza de … (Nome e apelidos do solicitante). IBAN: ES06 0019 0448 4840 1002 8285 (Deutsche Bank).
- Cumplimentar o formulario de solicitude ou pasarse polo local do club.
Lembra que durante o ano poderás ampliala pero ten un custo de tramitación de 3€ máis a diferenza entre a licenza actual e a nova desexada.
Ligazón ao formulario de solicitude
Aquí poderás consultar máis detalles das licenzas https://www.clubalpinoourensan.es/sobre/federarse/
Os Federados de modalidades infantís e xuvenís, que no momento que acrediten ter un Pai ou unha Nai federados, obterán un desconto do 50% no precio do seguro, e decir, pagarán as Licencias co prezo fixado no cadro de prezos axunto pola súa totalidade, e unha vez acrediten ter o pai ou a nai federado no ano 2022, abonaránselle as cantidades correspondentes según o tipo de Licenza.