Hosting por Logo dinahosting
29 Xaneiro, 2019

Aviso de seguridade da EGAM

Información da Escola Galega de Alta Montaña

A pasada fin de semana nun curso da Escola Galega de Alta Montaña – EGAM de montañismo invernal (N2.B), un alumno/a trouxo uns crampóns que comprara en Amazon.es

O caso é que o material mercado nesa web non estaba homologado EN893 (UIAA153) polo que É UN RISCO, INCLUSO MORTAL, MERCAR MATERIAL DE SEGURIDADE NON HOMOLOGADO PARA ACTIVIDADES NA MONTAÑA….

Dende logo que os deportistas temos que ser responsables do que facemos, pero tamén dende a EGAM responsabilizamos (na súa medida) a esta empresa por vender algo que incumpre todas as normas de seguridade “habidas e por haber” e que “vende” ao seu usuario cando realmente o use enriba dunha placa de xeo….

Por favor non merques material de seguridade sen homologar, e recomendamos encarecidamente que, á hora de mercar material para os deportes de montaña, acudades a tendas de montaña onde atoparedes especialistas que vos aconsellarán…

Os puñeteros crampóns eran tan malos que romperon ao sacalos da caixa, pousalos no chan, poñer a bota enriba e apretar minimamente a cincha para suxeitalos…..

https://www.amazon.es/crampones-escalada-10-puntas-antideslizante-senderismo/dp/B01N7GADSS

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Acepto a política de protección de datos personais

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón