Hosting por Logo dinahosting
18 Xullo, 2018

Cairn 2018, colaboradores

Dende hoxe podes compartir con todos os socios e socias esa viaxe, esa actividade, que deixou en ti unha profunda pegada, compartila con todos no Cairn, a revista do Club Alpino Ourensán. Dende o seu nacemento a finais de 1989 o Cairn recolleu todas aquelas actividades que os asociados foron realizando, dende actividades en Galicia ata outras expedicións mais aló das nosas fronteiras.

Xa estamos a argallar a edición 2018 do Cairn, a número 69 e contamos con todos aqueles socios e socias que desexan compartir, a través dun artigo, a súa experiencia. No Cairn teñen cabida os artigos relacionados coa montaña, barranquismo, espeleoloxía, sendeirismo, escalada… realizadas como actividades de club ou de forma particular por cada un dos socios.

Contamos con que todos os socios e socias se animen a escribir algún pequeno, ou non tan pequeno artigo. Escríbenos a [email protected] se tes pensado escribir algo para poder realizar unha planificación das publicacións. E lembra, non buscamos grandes escritores, senón amantes da montaña compartindo unha experiencia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Acepto a política de protección de datos personais

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón