Hosting por Logo dinahosting
16 Novembro, 2017

Cambios na Semana Audiovisual

 

COMUNICADO DA XUNTA DIRECTIVA

 

Dende a Directiva do Club Alpino Ourensán notifícase que a XIX Semana Audiovisual sufriu varias modificacións, tanto en horario como en ubicación.

Os relatorios celebraranse nas datas previstas, pero adiantando media hora o seu inicio. Todas elas comezarán ás 20:00 horas. Ademais, cámbiase o lugar, non se celebrarán no Auditorio Municipal como nos últimos sete anos. Este ano celebraranse na sala Emilia Pardo Bazán do edificio de Facultades (edificio de ferro) do Campus Universitario de Ourense. Aquí podes consultar o programa  das mesmas http://web.clubalpinoourensan.es/semana-audiovisual/2017/xix-semana-audiovisual-2017/

Queremos pedir desculpas a todos os socios que teñen intención de acudir, e especialmente aos ponentes, polos trastornos que poidan ocasionar estes cambios nunha data tan próxima ao evento.

Estas modificacións débense a un cambio nas condicións para uso do Auditorio Municipal de Ourense. A pesar de ter solicitado a sala seguindo exactamente o mesmo procedemento que en anos anteriores, e confirmada a dispoñibilidade desta, o día 2 de novembro, comunícasenos vía e-mail que para dispoñer dela deberíamos aboar unhas taxas de 585,20 euros por día e sala (gastos técnicos non incluídos).

A pesar de intentar sen éxito concertar unha cita coa Concelleira de cultura, e de explicar que o Club Alpino Ourensan é unha asociación deportiva sen ánimo de lucro, e que estas conferencias serán gratuitas e abertas ao público en xeral, e parte importante da oferta cultural da cidade por ser únicas en Ourense, so obtivemos a seguinte resposta: “Trátase dun acto privado, por ser organizado por un organismo privado, e nese caso aplícanse as taxas, sen excepción posible”.
Non só nos indignoiu a imposición destas tasas (abusivas para unha instalación municipal ao noso parecer ), senón o feito de que ninguén nos tiña advertido deste novo proceder por parte do auditorio. Parece ser que se trata dunha ordenanza municipal que leva anos
vixente, o que por suposto descoñeciamos, pero a nós en ningunha das moitas ocasións nas que organizamos estes actos no auditorio falóusenos de taxas. O grave foi que a tres semanas da celebración dos devanditos actos atopámosnos sen emprazamento e con serias dificultades para atopar outra sala alternativa.

Por fortuna, a Universidade de Vigo abriunos as súas portas, poñendo á nosa disposición as súas instalacións, de forma amabilísima por certo, e facendo as cousas sinxelas, que é o que se espera dun servizo público. Aproveitamos para agradecerlle sinceramente a súa colaboración.

Esperamos que estas explicacións aclaren calquera confusión e acouguen o desconcerto que teñamos xerado.

Atentamente
A Xunta Directiva.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Acepto a política de protección de datos personais

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón