Hosting por Logo dinahosting
5 Febreiro, 2010

Como orientarse en Trevinca no medio da ventisca (31-01-19)?

ORIENTACIÓN EN TREVINCA A FINAIS DE XANEIRO DO 2010

Enviovos o mapa a 1:25000 do I.G.N. (229-III, Vega de Tera) co trazado do percorrido EN VERMELLO realizado o segundo día da actividade do fin de semana pasado.

Foron aproximadamente 6 km ida-volta. Como referencia conductora podía usarse a liña de cumes (CORDAL EN MARRÓN NO MAPA ADXUNTO) ao Oeste do val que subimos, ou tamén o curso do regato que subimos e que alimenta as dúas lagoas.

Coñecendo previamente a zona podíase emprender a camiñada nas condicións que tivemos sen usar búxola. Únicamente tendo como referencias as dúas liñas conductoras (regato e/ou cordal) e un mapa podíase asumir o percorrido sen elevados riscos de perderse, como así foi.

Dentro dun círculo verde aparece a casoupa de pastores medio derruida que hai entremedias das dúas lagoas. Máis ao Norte do final da nosa camiñada (seguindo a liña discontinua) esta o cume de La Plana.
Existe tamén un mapa-guía publicado pola mesma administración a 1:50000 que se chama Lago de Sanabria. Non colle moi ben o lado da Veiga, pero ten unha planimetría excelente no que respecta á representación do relevo.

Un saúdo!

O Xan

4 Comentarios

  1. Menos mal que por ahí temos andado con mellores condicións e o sitio faise coñecido. Ideal para perderse nesas condicións e o pico La Plana, carente por completo de referencias e moooooi amplio. A meteoroloxía non daba para acometer grandes batallas. Outra vez será.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Acepto a política de protección de datos personais

si

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón