Prazas limitadas.
O teito dos Ancares será este outono a proposta do COÑECE A MONTAÑA 2014.
Unha actividade destinada a coñecer unha das zonas da nosa xeografía máis emplemáticas.
Charla informativa:
Sobre as actividades de montaña e escalada do Club Alpino Ourensan.
Sede do club nas Galerías Bedoya, c/ Bedoya 4, local 9
Martes 25 as 20h
Plan da actividade:
Saída do parquing da policía nacional de Ourense o sábado 29 de novembro as 8.30 da mañán.
Desprazamento até A Degrada en vehículos particulares.
SÁBADO: Ascensión ao Tres Bispos.
Noite no Albergue de Ancares (en literas) na propia localidade de A Degrada.
DOMINGO: Ascensión circular ao Miravalles dende Balouta.
Regreso a Ourense o domingo 30 a partir das 17h.
Información técnica ao Miravalles:
– Percorrido aproximado
– Lonxitude da ruta: 17 km aproximadamente
– Desnivel: 1.050 m
– Comida para a ruta: froita, barritas enerxéticas, doces, algún pincho lixeiro por exemplo. E auga.
A cea e almorzo podes traela ti ou tomala no albergue (faino saber na túa inscrición).
– Trae o teu saco de durmir para o albergue.
– Transporte: Organizaremos o transporte en coches particulares no lugar de quedada.
– Prezo: 15 € para non socias, 6 € para socias.
Inscrición:
ANTES DO XOVES 27 AS 14H