Coñece BTT
Arredores de Ourense
Actividade de bicileta de montaña pensada para dar a coñecer esta modalidade deportiva dun xeito ameno e sinxelo. Faremos un percorrido saindo dende o local social do club na percura dos sendeiros que rodean a cidade e levan a lugares sorprendentes preto de Ourense.
Data: 23 de maio de 2010
Hora: As 09:00 dende o local social
Nota: A actividade de BTT- Orientación a Monte Meda queda aprazada por motivos de organización.
Outras actividades Coñece 2010
29 de maio
SENDEIRISMO II-Ruta dos Castros
Ruta sinxela nos arredores de Ourense visitando os concellos de San Ciprián das Viñas e Barbadás pasando por Sobrado, Bentraces ou Loiro. Un percorrido de case 20 Km. Para facer nunhas 6 horas e con pouco desnivel acumulado.
12 de xuño
ESPELEOLOXÍA Cova Alfarero. O Barco
Actividade do “Proxecto Coñece 10” na que nos iniciamos na exploración das cavidades soterradas. Visitamos a zona de O Barco de Valdeorras para explorar a cova “Alfarero” perto de o pobo de Covas. A cova do Alfarero é unha cova de distribución horizontal polo que non é preciso ter coñecementos previos desta modalidade deportiva e resulta apta para todas as edades.
20 de xuño
ESCALADA Canón do Sil
Actividade básica de escalada na escola de escalada “Canón do Sil” sita no lugar do que toma o nome e na que podemos atopar “vías” de escalada de variada dificultade que nos permitiràn iniciarnos nesta modalidade deportiva progresando en vertical en vías de graduación de dificultade de menor a maior.
NOTA: O calendario de actividades estará suxeito a modificacións en función da climatoloxía ou calquera outra incidencia. Os cambios serán comunicados con antelación suficente.