Convocatoria Asemblea Xeral Extraordinaria
Estimados/as Socios/as:
O Club Alpino Ourensán, de acordo cos vixentes estatutos, convoca a todos os seus
socios/as para a celebración da próxima Asemblea Xeral Extraordinaria, que terá
lugar o venres, día 27 de xaneiro de 2023 no local do club sito en R/Ervedelo 32-34
(Centro Comercial Couto, local 59), ás 21:00 horas en primeira convocatoria e ás
21:30 horas en segunda convocatoria, coa seguinte orde do día:
1. Convocatoria de eleccións á presidencia do Club Alpino Ourensán.
2. Aprobación do Calendario Electoral.
3. Aprobación do lugar de exposición e consulta do censo electoral.
4. Nomeamento da Xunta Electoral.
Sen outro particular, atentamente:
En Ourense, a 11 de xaneiro de 2023
Mar Pallás Presidenta