Convocatoria Asemblea Xeral Extraordinaria:
Presentación nova Xunta Directiva
Club Alpino Ourensán-Club Alpino Manzaneda
Estimados/as Socios/as:
O Club Alpino Ourensán, de acordo cos vixentes estatutos, convoca a todos os seus socios/as para a celebración da próxima Asemblea Xeral Extraordinaria, que terá lugar o venres, día 24 de marzo de 2023 no local social sito en R/Ervedelo 32-34 (Centro Comercial Couto, local 59) , ás 19:30 horas en primeira convocatoria e ás 20:00 horas en segunda convocatoria, coa seguinte orde do día:
Presentación da nova Xunta directiva Club Alpino Ourensán-Club Alpino Manzaneda
Lembramos a importancia de asistir á Asemblea Xeral e agardamos a vosa asistencia.
Sen outro particular, atentamente:
En Ourense, a 8 de marzo de 2023
Mar Pallás
Presidenta
Convovatoria asamblea extraordinaria presentación Junta Directiva CAM_signed