Con motivo de recuperar o Transourensán GR-56, Os Peares – Manzaneda e realizar unha conservación regular para mantelo en bo estado, convocamos unha reunión o martes 7 de abril ás 20:00 no local do club para formar un grupo de traballo no que estén presentes todos os interesados en colaborar co mantemento regular do mesmo.
Se estás interesado en botar unha man, en calquera aspecto de conservación e/ou difusión do mesmo, podes formar parte do grupo de traballo para comezar a realizar as primeiras tarefas e establecer o grupo, con carácter permanente e aberto a novas colaboracións.
1 Comentario
siOla:
Si me gustaría colaborar co clube na conservación do GR-56, pero non podo asistir á reunión o martes 7 de abril porque traballo.
Poderíadesme enviar o que decidades na reunión?
Gracias
Pepi