A Federación Galega de Montañismo, en colaboración con varios clubes de Galicia, organiza o domingo 11 de decembro co gallo de celebrar o día Internacional das Montañas unha ruta pola Serra do Pindo na provincia da Coruña.
Como montañeiros sensibles á natureza, unha actividade con esta orientación, a defensa das montañas, ten moito sentido para nós.
Desexamos que as montañas sexan espazos aos que nos podamos achegar e estean ben coidados, libres de lixo, explotación irracional e se podemos, que pouco a pouco manteñan a súa estructura natural sen intervención humana algunha.
Mais información na web da Fedración e en http://fgmontanismo.es/wp/wp-content/uploads/Andaina-do-D%C3%ADa-Internacional-das-Monta%C3%B1as-2016.pdf