Estes anos atrás, por estas datas, xa ven entrado outubro, estaba establecido o horario de rocódromo e comezáramos a ir ao rocódromo, sen embargo este ano a xerencia do Pavillón dos Remedios non foi quen de ofrecernos un horario de uso de rocódromo para poder utilizalo en horario de clube. Ainda que o rocódromo pode utilizarse en un amplo marxe horario (mañas, tardes ata as catro-cinco,…) decidiron repartir todos os horarios a partires das seis da tarde a equipos de fútbol, unha actividade non compatible co uso do rocódromo, polo que de momento é imposible poñer un horario de uso de rocódromo no clube e facer uso do mesmo a última hora da tarde.
Con todo, estamos intentando que nos ofrezan algunha alternativa para poder escalar durante esta tempada, en canto teñamos mais información iremos publicándoa.