Hosting por Logo dinahosting
24 Xullo, 2018

Horario en Agosto e no 25 de xullo

Mañá mércores é día festivo en Galicia, e o local do club permanecerá pechado. O vindeiro mércores 1 de agosto estará aberto en horario habitual para todos aqueles que precisen dalgunha xestión.

Ademais como xa ven sendo habitual, o club pecha no mes de agosto, polo que se tes que facer algunha xestión, recoller material, etc, aproveita o primeiro mércores do vindeiro mes,  o día 1 de agosto xa que é o último día no que estará aberto. En Setembro volverá a abrir o club en horario habitual.

E a xunta directiva tamén andaremos entre vales e montes, así que seguramente andaremos sen Wifi para atender o correo…

Ainda que ás federacións non confirmaron nada, normalmente, a Federación de Montaña tamén pecha en Agosto, polo que non se poderán tramitar licenzas durante ese periodo. A federación de espeleoloxia soe pechar do 16 ao 31 de agosto.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Acepto a política de protección de datos personais

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón