Hosting por Logo dinahosting
2 Abril, 2009

Iº CAMPIONATO DE ORIENTACIÓN


Iº CAMPIONATO ESCOLAR DE ORIENTACIÓN DE OURENSE
Domingo 19 de abril de 2009

A Sección de Orientación federada do Club Alpino Ourensán-Club Alpino
Manzaneda (C.A.M.) por delegación da A.Ga.C.O., previo acordo co Servizo Provincial
de Deportes e coa Dirección Xeral para o Deporte, vai asumir o control técnicodeportiva
do 1º Campionato Escolar de Orientación a Pé Urbana de Ourense.
Este campionato vai constar de dous percorridos a realizar pola zona sul do casco
histórico na zona comprendida entre a Praza Maior e o Pompeo.
Elexiuse esta zona dado o seu carácter maiormente peonil e a pouco densidade de
tráfico que ten.
A modalidade de competición vai ser carreira de orientación sprint a pé individual con
saída contrarreloxo. Cada participante terá, consultando o mapa e a búxola, terá que
elexir o percorrido a efectuar para localizar cada un dos controis asignados á súa
categoría.
Categorias:
· INFANTIL FEMININO (P1: aproximadamente 1500m)
· INFANTIL MASCULINO (P1: aproximadamente 1500m)
· CADETE FEMININO (P2: aproximadamente 2000m)
· CADETE MASCULINO (P2: aproximadamente 2000m)
Horario
– 10:30H: Apertura da Secretaría na Praza Maior
– 11:00H: Saída do 1º corredor/a
– 12:30H: Peche de Meta
Organizan:
– Club Alpino Ourensán
– A.Ga.C.O. (Asociación Galega de Clubes de Orientación)
– Servizo Provincial de Deportes de Ourense
– Dirección Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia)
De xeito paralelo o club organiza tamén para todos os socios interesados unha proba similar para dar a coñecer as carreiras de orientación. A partir das 12:00 horas sairemos a facelo percorrido na percura das balizas manexando mapa e búxola. Si estás interesado apuntate no club.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Acepto a política de protección de datos personais

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón