Onte presentamos en rolda de prensa, xunto co Consello Municipal dos Deportes un conxunto de actividades que teñen como intención achegar a cidadanía aos deportes de montaña e escalada.
No epicentro destas actividades e como excusa presentamos a EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA “VÉRTIGO”.
Imaxes da expedición de 3 montañeiros aos Dolomitas Italianos durante o verán de 2014 e que xa podedes ver dende hoxe a até o 23 de marzo no Pavillón dos Remedios de Ourense.
Tamén faremos unha PRESENTACIÓN E CHARLA o xoves 12 de marzo na sede do Club Alpino Ourensán.
Ademáis, un “CURSO DE FOTOGRAFÍA DE MONTAÑA E NATUREZA” nos Ancares Leoneses durante o 21 e 22 de marzo.
Unha actividade de “COÑECE A MONTAÑA” nos montes Aquilianos a finais de Febreiro e o xa publicado na web do club: “CURSO DE INICIACIÓN A ESCALADA” que será en horario de 17 a 19h os venres nas instalacións do propio pavillón municipal.
Se precisas máis información sobre esta e outras actividades escríbe a [email protected]
Ou sígueas na web do Club Alpino Ourensan ou na páxina de facebook: Facebook.