Hosting por Logo dinahosting
5 Marzo, 2014

Mampodre 15-16 de Marzo

Macizo de MAMPODRE
15 e 16 de Marzo


Ollo!!! Imprescindible ter coñecementos de progresión con crampóns e piolet

Actualización
Nos quedaremos no Albergue de Sabero (Aquí a web)

O prezo por noite é de 14 € en réxime de aloxamento e almorzo.
Teñen cociña e cociñeiro que poderá baixo reserva preparar bocadillos ou ceas para o sábado ou domingo.
Haberá persoal do albergue até a unha da mañán pero se chegas máis tarde instalate en silencio. Non estaremos só nos.

Se tes algún problema contactar con Victor.

MOI IMPORTANTE: Non está permitido codiñar con hornillo dentro do Albergue pero si no exterior e comer no interior ao quentiño así como levar comida preparada etc… . Hai tamén un microondas a disposición de quen o poida precisar para quentar auga etc…

Será necesario levar saco de durmir.

Plan:
Venres: Saida de Ourense e noite en Maraña ou alrededores (ainda por determinar, pero vaixo teito e en colchón) Entre 12-16€ noite, a ver como negociamos.
Sábado e Domingo: Ascensión a diverosos picos, Peña Ten, Polinosa, Gilbo, etc

 
Descrición:
Mampodre é un macizo que se eleva até preto de 2200 m ao sur de Picos de Europa. Pouco transitado ao atoparse cerca de Posada de Valdeón ou Oseja de Sajambre, bases para acceder ao parque nacional. Atópase menos masificado e conta coa ventaxa de que o refuxio está a 1250m de altura e nos permite, nun fin de semana, aproveitar ven os días sen ter que facer aproximacións de 3 ou 4 horas como no caso de Picos.

A ruta non ten complicacións técnicas especiais, ainda que a pesar de non superar os 2200 m en ningún caso, presenta un aspecto semellante a montañas de maior altura. O percorrido ten un desnivel aproximado de entre 1000 e 900 metros cada un dos días. O trazado exacto está ainda por definir e iremos informando.


Material: – Saco de durmir.
– Crampons e piolet de travesía.
– Comida para os dous días.

Apuntarse no clube antes do martes 11 para reservar aloxamento, maís info en [email protected], Chicho, Victor ou Lucas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Acepto a política de protección de datos personais

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón