Hosting por Logo dinahosting
1 Febreiro, 2022

Montihuero – Ubiña 22-23 Xaneiro 2022

Sabado 22 – Ubiña

Un ano máis xuntámonos na casa do alpinismo galego, Ubiña, para facer un recordatorio das técnicas de progresión e de autodetención na montaña invernal.

 

 

Todos os que saímos ó monte en inverno debemos ter interiorizados certos automatismos que nos permitan responder con présa e efectividade ante unha situación de caída ou de perda de control en terreo xeado.

Inda que son situacións que non acontecen de acotío, por eso mesmo, é necesario recordalas e practicalas.

 

 

 

 

 

 

 

Aproveitamos a pala do Prau para facelas prácticas e algúns de nós ascendemos o seu cume.

 

Video de repaso da técnica de autodetención

 

Domingo 23 – Montihuero (Montigüero)

Coa intención de poñer en practica o aprendido o sábado, o domingo saímos de Torrebabia polo camiño que sube a La Laguna de las verdes, en busca de neve.

 

Xa na lagoa, comprobamos que pola normal ao Montigüero non había neve, polo que acordamos continuar en dilección este para ascender pola ladeira nevada da Peña de los años, que tiñamos de fronte.

 

 

 

Unha vez arriba, dirixímonos cara Peña Redonda para coller o cordal que nos levou ao Montigüero xa sen neve. O descenso fíxose pasando polo Pico de las Eras , e despois dun pequeno destrepe, continuamos baixando polas eras do Montigüero ata chegar ao camiño de subida a menos de medio km de Torrebarrio

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón