A Federacion Galega de Montañismo comunícanos que a partir de xa poderase escalar na zona coñecida como Covas de Pardellán, previa autorización do Servizo de Conservación da Natureza de Ourense.
Aos clubes chegarán o impreso de solicitude e a información de como facer o trámite co fin de conquerir a autorización. Adiantamos nesta breve nova o impreso e información ante os grandes desexos de ir a escalar nesta atractiva e espectacular zona.
Non esquecer que escalaremos nun parque natural e en calquer momento poderase denegar a autorización por criterios medio ambientais. Tampouco poderase abrir ningún itinerario novo ou modificar ancoraxes sen autorización previa.
aetir