Hosting por Logo dinahosting
13 Novembro, 2009

Orientación na Serra do Galiñeiro (Vigo) 28 Nvbro

Ola, ao día seguinte da cea anual do clube, para os máis marchosos, a nova sección de Trail-Orientación proponvos achegarse de mañá á localidade de Vincios para participar na derradeira proba anual da Liga Galega de Orientación Deportiva organizada polo Clube Universitario de Vigo en colaboración coa AGaCO.

O terreo amosa desniveis marcados, cunha ampla rede de camiños e moitos detalles técnicos en especial os típicos bolos graníticos da zona. O bosque é mixto sendo fundamentalmente formado por piñeiros e ten boa penetrabilidade.

A data límite para apuntarse será o luns 23. Polo momento, iremos seguramente as cinco persoas que estivemos na reunión do pasado luns no clube. A idea é ir collendo experiencia neste tipo de probas, partindo cada quen do seu nivel, polo que acordamos facer o percorrido 6 cun guia (o 7 é o máis díficil). Hai niveis para todos e todas.

Se queredes ir practicando a orientación -íso sí, de xeito virtual- podedes acceder ás demos gratuitas deste simuladores, que ainda que estan en inglés son moi intuitivas. Estan nas seguintes páxinas:

– http://www.melin.nu/oriantica/ (máis fácil)

– http://www.catchingfeatures.com/ (moi realista)

A vindeira semana pendurarei máis información desta proba, xunto co percorrido 6 no mapa do pasado ano.

Un saúdo, Xan

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Acepto a política de protección de datos personais

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón