Hosting por Logo dinahosting
24 Abril, 2014

Picos de Europa – Macizo central en estilo alpino

 
Do 1 ao 4 de maio de 2014
PICOS DE EUROPA – MACIZO CENTRAL 
“Ascensión ao Torrecerredo e outras cimas en estilo alpino “

Saída o mércores día 30 para durmir en Fuente De e regreso o domingo 4 pola tarde.

As 10h do xoves subimos pola canal da Jenduda para acampar (posibilidade de vivac) nas inmediacións de Cabaña Verónica onde nos estableceremos para os 4 días en total autonomía.

Nas actividades, propomos a ascensión do Torrecerredo (2.650 m), a cima máis alta da cordillera Cantábrica e de todo o noroeste peninsular. Ademáis hai a posibilidade de ascensións como o Llambrión, A Palanca, Peña Vieja, Orcados Rojos etc… en actividades diarias dende as inmediacións da cabaña.
 
A situación en picos de Europa é de bastante neve nos collados e ladeiras a sombra así que compre incluir “crampons e piolet” ao noso equipo, ademáis de saco de durmir de inverno xa que polas noites as temperaturas rondarán os cero graos.

Ademáis, o estilo alpino implica levar con nos todo o necesario para durmir (tenda ou funda de vivac a gusto de cada quen, saco e esterilla) e para comer dende o xoves ao domingo.

O nivel técnico non e moi esixente, pero si é imprescindible estar familiarizado coa progresión en terreo nevado con piolet e crampóns así como coñecer as técnicas de autodetención.

MATERIAL: Roupa e calzado adecuado, tenda-funda vivac, esterilla e saco, casco, piolet e crampóns (lembrade pasar a recollelo polo club se non tendes material propio).

Ademáis, como para todas as actividades, compre lembrar que é preciso ser socia do clube e estar en posesión da licencia federativa 2014.

Inscripción: Podedes facelo no clube até o luns 28 as 21.30h.
Despois, facedeo escribíndo ao correo electrónico [email protected]ou teléfono 659655734 até o martes as 23h.
A actividade poderá variar en función da meteoroloxía.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Acepto a política de protección de datos personais

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón