Hosting por Logo dinahosting
15 Maio, 2016

Pirineos 2016

800px-Beciberri

 

Xa estamos coa actividade de pirineos na cabeza .Para este verán acólleranos o Macizo de Besiberri para realizar a xa clásica actividade de Pirineos.
O ano pasádo escollestes vos a zona cunha enquisa, pero este ano propoñemos nos 😛 (estamos un pouco apretados polo tempo).

O Macizo de Bessiberri atópase na comarca da Alta Ribagorza, na provincia de Lérida e preto dos límites do Parc Nacional d’Aigüestortes i estany de Sant Maurici. Está formado por catro picos principais: O Besiberri Norte (3.008 m.), o Besiberri medio (3.003 metros), o Besiberri  sur (3.024 metros) e o Comaloforno (3.029 metros).

Ainda estamos a reservar o camping, polo que o publicaremos en canto o teñamos.

Este ano a actividade será do 1 ó 7 de agosto. Se estas interesado xa te podes apuntar, e se nos dis en que actividades tes pensado participar (sendeirismo, montaña, barranquismo, infantís) seríanos de gran axuda para organizar.

Ademais tamén podes votarnos unha man organizando actividades!

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Acepto a política de protección de datos personais

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón