Hosting por Logo dinahosting
28 Novembro, 2018

Propostas de esquí para o vindeiro 2019

Estamos a organizar ás actividades de esquí para o vindeiro 2019. Dentro das propostas, está unha Semana Branca en Pirineos, coma a do ano pasado da que se adiantarán as datas en breve. Ademais para o 2019 vanse a organizar dúas actividades de esquí de fin de semana/ponte/vacacións escolares en estacións mais cercanas (Alto Campoo, Leitariegos e San Isidro).

Para organizar estas últimas actividades precísase formar grupo e decidir datas, xa que en función destes dous aspectos o prezo será un ou outro.

Está é unha actividade orientada a rapazas e rapaces pero tamén para os maiores e non tan maiores.

Estes son os prezos aproximados para tres días, incluen abono, aloxamento, clases colectivas de 3 horas de duración cada día e aluger de material. Como se pode ver a diferenza entre Temporada Alta e Temporada Baixa non é excesiva, o único que cambia é o prezo do abono.

Escríbenos a [email protected] ou pásate polo local do club o día 14 deste mes como último día para apuntarte se estás interesado.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Acepto a política de protección de datos personais

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón