Hosting por Logo dinahosting
29 Setembro, 2017

Rocódromo tempada 2017/2018

Xa temos os horarios para o uso do rocódromo para esta tempada 2017/2018.

Como todos os anos retomamos a clásica actividade do club no rocódromo que este ano se mantén no memo horario que o ano pasado. Ainda que solicitamos outras horas, e houbo reunións con representantes do Consello Municipal de Deportes o horario asignado segue sendo o mesmo.

Este ano o horario de club para o uso do rocródromo, no que o Club Alpino Ourensán pon o material (cordas, arneses, etc) e un monitor será os luns de 21:30 a 23:00 horas, comenzando este próximo luns 2 de outubro.

Lembra que esta é unha actividade gratuita de dinamización do rocódromo e a que non é preciso apuntarse. Non é preciso levar cordas, expreses, etc, pero se dispós de arnés, é recomendable levalo ainda que alí tamén dispoñemos de varios.

Ademais, ainda que inicialmente non había ningunha hora de uso libre do rocódromo pola tarde, conseguimos tras reunirnos cos responsables das instalacións que os martes de 17:00 a 19:30 e os xoves de 17:00 a 19:00 fosen adxudicados á escalada, constando o Club Alpino Ourensán como adxudicatario no horario de ditas tardes. Estos dous horarios serán destinados ao uso libre do rocódromo pola comunidade escaladora. Dado que estas dúas tardes foron solicitadas para a escalada, se o Consello Municipal de Deportes ten constancia do non uso das instalacións pode retirar a cesión da mesma, polo que anímate a escalar e facer uso do rocódromo neses horarios.

Por último, como estes anos atrás, polas mañás o rocódromo pode seguir usándose sempre que esté libre. Os martes de 09:00 a 10:30 horas non se pode facer uso do rocódromo xa que a cancha central está cedida a outro deporte.

EN RESUMO

  • Luns de 21:30 a 23:00 horario no que o Club Alpino Ourensán pon material e monitor.
  • Martes de 17:00 a 19:30 uso libre.
  • Xoves de 17:00 a 19:00 uso libre.
  • Uso libre polas mañas entre ás 09:00 e as 14:00 agás os martes de 09:00 a 10:30.

 

Informamos tamén que a Xerencia do Pavillón dos Remedios, complexo onde se atopa situado o rocódromo, comunicounos que para o uso do mesmo, todos os deportistas teñen que estar federados ou cun seguro que lles cubra a escalada en rocódromo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Acepto a política de protección de datos personais

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón