Hosting por dinahosting.
4 Marzo, 2013

Sendeirismo en O Caurel

Sendeirismo en O Caurel
Sendeirismo/Actividad Infantil
Actividade sendeirista por terras do Caurel na que tamén participaran os máis pequenos con un percorrido alternativo segundo as enerxias que amosen.  
Ruta do Río Soldón: Lonxitude 14 Km. 
Dificultade: Baixa/media
Comeza na aldea de Soldón de Sequeiros ao Carón do Sil e remata na ferrería de Rugando-Vilarmel. Esta ruta discorre polo antigo camiño que comunicaba os pobos situados na conca do río Soldon.  Antigamente foi moi utilizada para transportar o mineral de ferro que se extraía do monte Formiguerios ás ferrerías de Ou Mazo de Soldón, Outerio e Rugando.Ao longo do percorrido veremos varias albarizas e varios sequeiros, veremos de fronte o Teso dos Mouros e visitaremos a Pena Furada de orixe romana, cruzaremos o río Soldón polas súas pontes de madeira.
DATOS
Data: 09/03/2013
Hora: 09:00 local social club
Comida: Comida de ataque e liquidos
Roupa: Calzado cómodo e roupa de abrigo/chuvia
Prezo: 6 €
Mais información no local social e nesta páxina
Pendente de confirmar actividade dependendo de parte metereolóxico

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Acepto a política de protección de datos personais

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón