Hosting por Logo dinahosting
18 Decembro, 2017

Tramita a túa licenza de espeloloxía 2018

Xa pode tramitarse a licenza federativa da Federación Galega de Espeleoloxía para o vindeiro 2018.

Como novidade, este ano a Federación decidiu deixar de enviar as tarxetas físicas das licenzas, dando a opción, ao que o desexe, de descargala en PDF dende a súa web mediante esta ligazón.

Ao igual que coa licencia de Montaña, cambia o procedemento para federarse, xa non se poderá tramitar por correo electrónico. En anos anteriores algunhas solicitudes de licenza viñan incompletas, co que esto conlevaba un retraso na tramitación desa licenza e na do resto dos socios.

Polo motivo anteriormente explicado, e para facilidade de todos os socios, a partir de agora as licenzas podrán tramitarse:

  • No local do club os mércores
  • Por teléfono ás horas de apertura do club.
  • Mediante un formulario de solicitude habilitado a tal efecto (opción preferida)

 

Lembra que é imprescindible ser socio do club para tramitar a licenza. Podes facerte socio por un só trimestre.

O pago da mesma  seguirá realizádose por transferencia bancaria ou ingreso. Xa a tramites por internet, ou no local do club, pedimosche que nos facilites o traballo e traigas xa o xustificante de ingreso pola licenza solicitada.

Este próximo mércores estaremos no club para todos aqueles que desexedes tramitar as vosas licenzas presencialmente.

Haberá que facer unha solicitude de licenza por socio, ainda que o ingreso bancario poderá facerse por varias licenzas sempre que no concepto contemplese o nome de TODOS os socios solicitantes das licenzas.

Mediante esta ligazón poderás consultar os Prezos das licenzas da FGE 2018 (PDF)

PROCEDEMENTO PARA FEDERARSE

  1. Ser socio do club con todas as cotas ao dia.
  2. Elixir o tipo de licenza que desexas e si precisas algún dos suplementos que coma en anos anteriores páganse por separado.
  3. Abonar na conta do club ( a sexa por ingreso ou transferencia) o importe da licenza escollida e poñendo como concepto Licenza de … (Nome e apelidos do solicitante). IBAN: ES06 0019 0448 4840 1002 8285 (Deutsche Bank).
  4. Cumplimentar o formulario de solicitude ou pasarse polo local do club.

Lembra que durante o ano poderás ampliala pagando a diferenza entre a licenza actual e a nova desexada.

 

Ligazón ao formulario de solicitude

 

Prezos das licenzas da FGE 2018 (PDF)

Nesta páxina da Federación Galega de Espeleoloxía poderán consultarse todos os detalles das licenzas.

Documentos asociados:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Acepto a política de protección de datos personais

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón