Días 12 e 13 de Outubro
Actividade conxunta de Sendeirismo e Montaña.
Último día para apuntarse o mércores 8
Debido a actividade o club permanecerá pechado o venres día 10
Os datos
Saida o venres dende Ourense para durmir no refuxio de Torrebarrio.
Comezo da actividade o sábado de maña as 09:00 en Torre de Babia.
Sendeirismo
Ascensión ó Peña Orniz e baixar a durmir a La Cueta no hostal Los Picos Blancos con cea e desayuno. O día seguinte saída hacia Peña Redonda e cresterío ata o Montihuero.
Montaña
Saída cos de sendeirismo hacia o Peña Orniz, desviándose o Calbazosa para realizar o cresterío primeiro hasta o Peña Orniz e se hai forzas continuar ata o Pico Cuetalbo. Vivac nas inmediacións dos Puertos de Calderones.
O día seguinte ascensión o Peña Chana, e Peña Redonda para encontrarse cos de sendeirismo na cima deste último. Continuaremos todos xuntos ata o Montihuero e descenso outra vez a Torre de Babia.
Material
Senderismo: Mochila de ataque para os dous días con comida para os dous días. Roupa de abrigo.Saco de durmir SÓ para a noite do venres.
Montaña: Material de vivac, comida para dous días, roupa de abrigo, casco.
Para os que van o venres comida para cear, opción de restaurante en San Emiliano.