Xa estamos a voltas coa actividade de pirineos de este ano!
Como novidade, propoñemos dous vales, o Val de Ordesa e Monte Perdido e o Val de Tena.
As posibles actividades no Val de Ordesa e Monte Perdido, o segundo parque nacional de España e Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, son os Gabietos, Monte Perdido, el Casco, etc, así como varias rutas de sendeirismo polo val de Ordesa, Faja de Pelay, gradas de Soaso… Aquí podes obter mais información sobre rutas http://www.ordesapirineos.com/guiaalpina/
No val de Tena están rutas nos ibones de Anayet, ibón de Respomuso, e varios vales cercanos. En montaña, preto están o Midi d’Ossau, Anayet, Peña Telera, Balaitous, Gran Facha, os Infiernos, etc. Mais información aquí http://www.valledetena.com/es/cosas-que-hacer/senderismo
Este ano tamén se está barallando a posibilidade de ter, aparte das xa tradicionais actividades de sendeirismo e montaña, actividades de descenso de canóns.
A pernocta, igual que en anos anteriores, será nalgún cámping cercano.
Para decidir o val no que se realizará este ano a actividade de Pirineos, someterémolo a votación entre os socios.
Pero antes unhas consideracións para facer realizar esta consulta ó mellor posible:
- – Votar só unha vez por persoa, así que sexamos serios e non votar varias veces .
- – Votar só se vas ir a pirineos, se non tes pensado ir, deixa que sexan os interesados os que decidan o val.
- – Non sexamos “indecisos” e andemos con “a min dacheme igual”, “todos me van ben” ou “o que decida a maioría”. Aínda que os dous vales gusten, algún tirará mais que outro.
Aquí tes a ligazón á enquisa http://enquisas.clubalpinoourensan.es/index.php/773362/lang-gl
Lembra, o prazo para votar na enquisa é ata o 15 de xuño ás 20:00.
No caso de empate entre os dous vales, decidirá a Xunta Directiva.