Hosting por Logo dinahosting
20 Outubro, 2018

Votación premio popular do Concurso de fotografía

Dende xa e ata o 25 de novembro todos os socios e socias do club podedes votar pola imaxe que debería ser merecedora do Premio Popular do Concurso de fotografía. Todos  poderán votar por unha imaxe, de entre as presentadas e non premiadas, como gañadora do premio popular. A imaxe que mais votos consiga será a gañadora. Recorda que podes ver as imaxes nesta ligazón https://i.clubalpinoourensan.es/pU2dc

 

Para votar utilizarase a seguinte ligazón https://e.clubalpinoourensan.es/index.php/673112?newtest=Y&lang=gl. Para poder accer á aplicación para votar terás que introducir o teu DNI incluida a letra (todo en maiúscula), desta forma podemos garantir que só haberá un voto por socio/a. Con todo, a votación é anónima, xa que non se relaciona os votos con ningún socio individual, usando os datos tan só para comprobar a identidade do votante e desligándoos da votación.

Tamén te podes achegar polo local no horario no que está aberto (mércores de 19:00 a 21:00). Escríbenos a [email protected] se tes algún problema.

O gañador ou gañadora darase a coñecer na cea de navidade.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Acepto a política de protección de datos personais

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón