Hosting por Logo dinahosting
28 Xuño, 2013

XIV Campamento Galego Extraterritorial de Espeleoloxía


XIV Campamento Galego  Extraterritorial de Espeleoloxía
Do 15 ao 18 de agosto  Cantabria
A proposta que se fai este ano acheganos a algúns dos rincons máis emblemáticos da Espeleoloxía Española: Cantabria, o punto de encontro será Ramales de la Victoria dende o cal poderemos achegarnos aos diferentes macizos montañosos e karst máis importantes como son os de Rasines, Ampuero, Arredondo, Asón, etc. Nalgúns destes lugares existen travesías coñecidas como a de Cueto-Coventosa, Cuivo-Mortero e outras. Tamén covas e simas de interese polas súas formacións, ou polos descubrimentos arqueolóxicos. Igualmente pola zona existen zonas de escalada deportiva e Vias Ferrata (por se alguén ten interese).

Data límite de inscripción no Campamento. 15 DE XULLO DO 2013            
PRAZAS LIMITADAS 
É imprescindible estar en posesión da Licenza Federativa de Espeleoloxia do ano en curso para poder participar no campamento. Os menores de idade precisan de permiso paterno (que custodiará o club) e acudir tutelados por un adulto. 
Os participantes virán equipados co material espeleolóxico de progresión horizontal e vertical. Tanto individual como colectivo. 
A organización non se responsabiliza de posibles accidentes. Manter as medidas de seguridade é responsabilidade de cada persoa. 
Calquera outra situación ou dúbida non prevista por este Regulamento será resolta pola organización. 
Non esquezas: Realizar un traballo en equipo, fundamento da exploración espeleolóxica.   
Club Alpino Ourensán Rúa Bedoya 4, local 9 – 32004 Ourense  Tlf: 988 232 628 Mail: [email protected] web.clubalpinoourensan.es

Programa de actividades   
Día 15 agosto
– 9 a 12 horas: Recepción de participantes e entrega de documentación
– 13 horas: Comida (previa reserva)
– 15 a 20 horas saída cara cavidades da zona
– 21 horas: cena (previa reserva)   
Día 16 agosto
– 9 horas desayuno (previa reserva)
– 9 a 13 horas saída cara cavidades da zona
– 13 horas: comida (previa reserva)
– 13 a 20 horas saída cara  cavidades da zona
– 21 horas: cena (previa reserva)
– 22 horas: Charla coloquio   
Día 17 agosto
– 9 horas: desayuno (previa reserva)
– 9 a 13 horas saída cara cavidades da zona
– 13 horas: comida (previa reserva)
– 13 a 20 horas saída cara cavidades da zona
– 21 horas: Cena Confraternización (Confirmación coa Organización)   
Día 18 agosto
– 9 horas: desayuno (previa reserva)
– 10 a 14 horas saída cara cavidades da zona
– 15 horas: Cierre y Clausura Campamento Galego Extraterritorial  2013 

Os horarios poderán ser modificados pola organización, os participantes poderán ausentarse e comer durante as actividades programadas

Material necesario   
Material para facer actividade espeleolóxica: equipo completo de vertical, así como cordas y anclaxes. Posto que alguna das travesías que se propoñen posuen curso de auga, é recomendable neopreno completo.  Material para a pernocta: o albergue dispón de camas (liteiras) recomendable saco de dormir. Roupa de recambio e material para hixiene persoal.

Localización
Ramales de la Victoria: http://elalberguederamales.com/ 
Coordenadas GPS: 43º 15 29,88 N // 003º 28 00,47 O 
Cómo chegar: Tomar a autovia das Rías Baixas cara León, antes de chegar coller o desvío cara Burgos saída 152 e incorporarse á A-231, seguir e tomar a saída 230 cara Santrander pola A-67. Tomar máis adiante a saída S10 dirección Bilbao/Aeropuerto/Solares, seguir pola carretera E-70  A-8 (Laredo-Bilbao) e tomar a saída 17 cara á N- 629 Colindres/Burgos-Logroño seguir a carretei. e chegaremos a Ramales

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Acepto a política de protección de datos personais

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón