Hosting por dinahosting.
1 Abril, 2018

Xornada de coñecemento do barranquismo

Xornada orientada ao coñecemento do barranquismo no Río Cerves Superior pensada para persoas que queiran probar esta disciplina sen ter experiencia previa.

O tramo do Cerves Superior é un dos barrancos mais repetidos de Galicia, debido á principalmente á beleza das súas formacións e a cantidade de recursos que ten para desfrutar dun descenso divertido e sen complicacións. Durante o percorrido podense realizar varios saltos a pozas cristalinas con alturas dende os 2 aos 8 metros. Tamén hai dúas cascadas de 10 e 25 metros e algunha que outra sorpresa.

A actividade será de media xornada, 4 horas en total. O día 21 de abril.

REQUISITOS

  • Mínimo 14 anos.
  • Saber nadar, non ter pánico ás alturas e poder camiñar por terreo esvaradizo durante 5 horas.

MATERIAL PRECISO

  • Bañador e calzado que poida mollarse.
  • Toalla

A ACTIVIDADE INCLUE

  • Traxe de neopreno, escarpines, casco e arnés
  • Guía Oficial de Barranquismo – Técnico Deportivo Nivel 2 de Barranquismo
  • Vestuarios con duchas e auga quente
  • Fotografías gratuitas
  • Seguros de Responsabilidade Civil e Accidentes​​

PREZO: 35 €/persona

INSCRIPCIÓN: a través de [email protected]

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Acepto a política de protección de datos personais

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Se continuas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Podes obter mais información nesta ligazón