Hosting por Logo dinahosting
27 Agosto, 2019

Xornada de mantemento do refuxio

Para esta fin de semana, do 31 de agosto, está previsto acudir ao refuxio de Manzaneda para realizar tarefas de mantemento no mesmo, así como aproveitar e xuntarnos os socios e socias do club.

Sairemos do aparcadoiro universitario o sábado 31 de agosto ás 09:00, regresando pola noite, agás os que se animen a quedarse ata o domingo.

Para todos os que se animen a participar e botar unha man no mantemento do refuxio, están invitados polo club a unha cea-churrascada no mesmo.

 

Envíanos un correo electrónico a [email protected] se vas a acompañarnos nesta xornada.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón