Hosting por Logo dinahosting
16 Xullo, 2017

XVII Concurso de fotografía

Nova convocatoria do concurso fotográfico do club, para montañeiros fotógrafos e fotógrafos montañeiros, no que podes presentar os teus traballos ou formar parte do xurado que elixirá os premios de entre todas as fotos presentadas.

Con este concurso pretendemos que os socios se animen a levar a cámara as súas actividades, e a buscar pacientemente o momento perfecto de luz, despois dunha longa xornada de actividade, ou na beiravía da estrada parados por un fotoxénico luscofusco.

Como resumo das bases do concurso:

  • Para participar é preciso ser socio do club.
  • As obras, tres como máximo, presentaranse a concurso únicamente como arquivos dixitais en formato JPEG de alta calidade (pouco comprimido), cun tamaño mínimo de 1000 px no seu lado maior e un peso máximo de 8 mb.
  • Para participar, enviaranse as obras a [email protected] indicando título das obras, localización da imaxe, nome e apelidos do autor, número de teléfono e correo-e
  • O período de envío de obras ó concurso é do 17 de xullo de 2017 ó 20 de agosto de 2017.

Ademais, se queres formar parte do xurado, escríbenos a [email protected]

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Acepto a política de protección de datos personais

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón