Hosting por Logo dinahosting
19 Xuño, 2018

XVIII Concurso de fotografía

Presentamos unha nova convocatoria do concurso fotográfico do club, para montañeiros fotógrafos e fotógrafos montañeiros, no que podes presentar os teus traballos ou formar parte do xurado que elixirá os premios de entre todas as fotos presentadas.

Con este concurso pretendemos que os socios se animen a levar a cámara as súas actividades, e a buscar pacientemente o momento perfecto de luz, despois dunha longa xornada de actividade, ou na beiravía da estrada parados por un fotoxénico luscofusco.

Como resumo das bases do concurso:

  • Para participar é preciso ser socio do club.
  • As obras, tres como máximo, presentaranse a concurso únicamente como arquivos dixitais en formato PNG, TIFF ou JPEG de alta calidade (pouco comprimido), cun tamaño mínimo de 1000 px no seu lado maior e un peso mínimo de 3 mb.
  • Para participar, enviaranse as obras a [email protected] indicando título das obras, localización da imaxe, nome e apelidos do autor, número de teléfono e correo-e
  • O período de envío de obras ó concurso é do 19 de xuño de 2018 ó 20 de agosto de 2018.

Ademais, contamos con varios socios para que se presten voluntarios como parte do xurado, escríbenos a [email protected] para formar parte deste xurado que escollerá as mellores imaxes presentadas a concurso.

2 Comentarios

    1. Bo día, ainda que plantexamos a posibilidade de participación de non socios, mantivémolo como se viña convocando anteriormente e dar visibilidade as actividades e imaxes dos membros do club.
      Lamentamos que non poidas participar.
      Un saúdo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Acepto a política de protección de datos personais

si

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón