Escalada Artificial – Pena Corneira 28 Maio 2022
Ligazón: Ficha da Actividade
A finais do pasado mes de marzo e dentro do programa COMPROMISO ALPINO démonos o gustazo de volver a escalar nunha zona moi representativa para o club como é Pena Corneira, un dos principais terreos de xogo do Club nas décadas dos 70 e 80.
Como inciso comentar a mágoa que da ver o estado do bosque de carballos que se atopa o redor da Pena anos despois do incendio que asolou a zona para todos os que lembramos o frondosa que era e o dificil que era ver a Pena entre as árbores cando camiñabas cara a base da mesma.
O sábado da actividade en cuestión cadrou ser un día ben caluroso, o que trastocou un pouco a planificación inicial, polo que o final so escalamos pola mañá.
Dividímonos en dous grupos escalándo primeiro Asalto al Escalón (A1) e logo a Vilas (A1/V). A idea principal foi a utilización e progresión sobre estribos en A0 e A1. Estas vías están equipadas con parabolts polo que os estribos se colocan sobre seguros de boa calidade, con excepción de un par de pasos a realizar sobre as famosas chapas de “coca-cola”.. chamámoslles así pola similitude co sitema de apertura das latas, son chapas ben oxidadas e antigas montadas sobre un remache na rocha que ainda aguanta.. ainda que mellor non cair sobre elas… :D.
Tamén realizamos unha serie de prácticas nunha fenda contigua a Vilas, esta é unha fenda vertical perfecta algo desplomada (A1/A2) de non mais de 6 metros de altura, esta equipámola utilizando seguros flotantes (friends e fisureiros), asi como probar a meter clavos de rocha na mesma.
Mais info e croquis : Guia Escalada – Rocha Nai – Libro 2