Escalada no Monte Pindo/ Pedra Serpal 19-20 marzo
Ligazón: Ficha da actividade
Esta actividade estaba planificada para realizarse os dous días no Monte Pindo e durmir alí, pero o final segundo foi evolucionando a mesma decidiuse ir a escalar o día 20 a Pedra Serpal que se atopa en Pontenafonso (Outes) a media hora aproximadamente do Pindo.
Hai que salientar que ese fin de semana o club realizou unha multiactividade no Monte Pindo, co gallo da celebración do Día da Muller (Mulleres de Altura) aprazada o anterior fin de semana. Na multiactividade incluíase sendeirismo, BTT e escalada.
Escalada no Monte Pindo – 19 de Marzo
O punto de reunión de todos os grupos foi no porto do Pindo. Dende alí o punto de partida para o grupo de escalada era unha pista que saía dend o pobo de o Fieiro (sinalado na ficha da actividade).
Despois de camiñar aproximadamente unha hora dende o punto de saída seguindo un camiño bastante obvio (tendo en conta co Pindo é un pouco labirintico), hai que separarse do camiño principal a dereita. Hai que seguir entre bosque baixo e matorral en dirección a unhas paredes que podemos divisar nesa dirección.
As paredes atópanse nun coiado (que da nome o sector) polo que adoita a entrar moito vento, para a nosa sorte ese día tivemos unha xornada con pouco vento e bastante sol, polo que agradecíase a brisa. Dende o coiado pode verse a praia do pobo do Pindo.
Pasando o tema da escalada atopámonos ante unha escalada de placas e fendas de granito de gran calidade.
As placas adoitan a ser moi lisas, sen apenas bañeiras ou irregularidades, ou pequenos agarres.
As fendas a maioría son espectaculares perfectas para poñer a proba os coñecementos na utilización de friends e fisureiros.
O grado varía de V ata o 7c.. e algunha vía sen encadenar (ver croquis na guía Rocha Nai).
As vías están equipadas con parabolt e chapa de aceiro inoxidable, o igual cas reunións todas equipadas. Hai fendas sen equipar polo que únicamente se poderán escalar con material de clásica.
Foi un día de escalada moi divertido e o grupo afanouse moito en poñerse a proba nas vías de clásica, posto que había un par de elas ben asequibles (V-V+).
A noite pasouse nunha zona recreativa do pobo de Fieiro.
Material recomendado:
- Corda de 70 metros
- Cintas expres
- Empotradores e friends ata o nº5 (camalot) dependendo das vías a escalar.
Escalada na Pedra Serpal – 20 de Marzo
É unha pequna escola que podemos atopar en Outes, preto da vila de Pontenafonso. Podemos botar unha ollada a ficha da actividade do 9 -10 de Abril que realizouse alí para mais detalles.
O lugar ten unhas vistas impresionates da ría de Muros – Noia. A escalada é sobre un bloque o pedra de gneis (tipo de granito).
A escalada de de agarres pequenos sobre pitones (mais xenerosos que os de Budiño). Tamén podemos atopar algunhas fendas sen equipar para escalar en clásica con empotradores e friends (ata nº3 – Camalot). As vías están equipadas con parabolt, chapa e reunión de aceiro inoxidable. Non hai descolque polo que hai que facer a maniobra para pasar a corda pola anilla/s da reunión.
As maioría das vías están nas caras orientadas o norte (mais asequibles) e o sur, polo que temos zona de sol e sombra, pero hai que ter en conta que está nun alto polo que o vento tamén inflúe a hora de ir ou non abrigado.
Material recomendado:
- Corda de 40m (as vías mais altas non superan os 20)
- Cintas expres
- Empotradores e friends ata o nº3 (camalot) dependendo das vías a escalar.