VI Xuntanza-Maratón de escalada “Canón do Sil”

Nova edición deste tradicional evento de escalada no Canón do Sil. Este ano a VI Xuntanza-Maratón de Escalada do Canon do Sil,  terá un carácter non competitivo, tratándose dunha xuntanza de todos os escaladores no Canón do Sil.

Os participantes, deberán de ser autosuficientes e contarán cun mapa e croquis dos sectores.

Ao finalizar, sobre ás 20:45 horas realizarase entre todos os participantes un sorteo de material proporcionado polos patrocinadores, a tenda de montaña Entrepicos e Petzl.

Ademais, para todos aqueles que se inscribisen haberá uns pinchos ao finalizar para repoñer forzas.

Cando
Sábado 8 de setembro ás 8:30 horas. Programa

Donde
Na escola de escalada do Canón do Sil. Como chegar.

Como inscribirse
A inscripción realizarase mediante a web www.clubalpinoourensan.es/maraton/inscripcion/