Hosting por Logo dinahosting
4 Novembro, 2024

Voto popular XXIV concurso fotográfico Club Alpino Ourensán

Premio Popular

9.1. O “Premio Popular” será elixido por votación dos socios do Club Alpino Ourensán entre as obras presentadas, excluíndo as seleccionadas polo xurado.

https://photos.app.goo.gl/j1avCnscYexugaAt6

9.2. As obras poderán ser votadas por correo electrónico a través do enderezo electrónico [email protected].

9.3. Estas serán expostas e numeradas na páxina web do Club Alpino Ourensán, habilitándose unha aplicación a tal efecto.

9.4. O período de votación para o Premio Popular será do 4 de novembro ao 15 de novembro de 2024.

9.5. So se admite un voto por socio.

13 Xullo, 2024

Pechado por vacacións do18 de xullo ata o 3 de setembro

Informamos que o  Club estará pechado dende o 18 de xullo ata o 3 de setembro. O último día que estará aberto o local será o mércores 17 de xullo, tédeo en conta se precisades material ou calquera outra xestión. Tamén será a data límite para a tramitación de licencias.

22 Febreiro, 2024

Cuotas socios 2024

Estimados socios:

Hoxe informámosvos de que tramitamos as remesas das vosas cuotas de socios. Se alguén desexa darse de baixa e non o notificou previamente, solicitamos que non devolvan os recibos ao banco, xa que iso implica custos e comisións para o noso clube. Se decidides devolver a cuota, por favor, comunicádeo en privado e faremos a transferencia á vosa conta para evitar cargos bancarios. Agradecemos a vosa colaboración.

Atentamente,
Xunta Directiva

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón