https://www.clubalpinoourensan.es/wp-admin/post.php?post=7962&action=edit
Finalizando este decembro cargadiño de actividades, convocamos a todos o socios e socias a unha reunión o venres 23 de decembro as 19:00h no local social para organizar o arranque do 2023. Esta vez ao rematar a reunión desfrutaremos duns pinchos e un brindis (ao mellor anima a asistir). Será un estupendo xeito de celebrar o final deste exitoso ano, polo menos no que a participación e propostas se refire, e brindar por un novo ano cheo de posibilidades.
Tamén podedes enviarnos a propostas por correo([email protected]), xa sabedes, indicando na medida do posible unha data concreta, ou incluso varias opcions de data. Así, entre todos faremos o posible por encaixalas (na ultima reunión acabamos sudando, e houbo algún-algunha a quen non lle chegaban os dedos, entre as actividades que organizaba e outras nas que quería participar… xenial).
Porque, sen querer repetirnos, insitimos en que seguides mostrando unha impliación e colaboración da que presumimos sempre que podemos… solo hai que ver como está este mes…. nin chegando a finais ano faltaron os folgos…. este club e incrible.
O dito, aqueles que poidades e queirades vir, o dia 23 vemonos no club a partir das 19 horas. Seguro que sera un pracer!
Xa temos gañadores de concurso fotográfico,
parabén e grazas a todos pola vosa participación
Noraboa a todos os participantes do IX Maratón de escalada do Canón do Sil que aguantaron esas 12 horas do Canón do Sil, dende os que andaban a voltas con quintos e sextos intentado facer o maior número deles ata os que intentaban encadear a vista algúns séptimos.
Os resultados quedaron así:
O cómputo de todas as cordadas é o seguinte:
En total, os 36 participantes realizaron durante ás 12 horas 852 vías de escalada deportiva.
E como non, agradecer ás distantas marcas e colaboradores por contar unha vez mais co Maratón de escalada. Ao fabricante de pés de gato Tenaya por entregar ese fantástico primeiro premio e como non a Entrepicos e Boreal, polo segundo premio. Tamén a Petzl e Entrepicos que permitiron que moitos outros partcipantes entrasen nun sorteo de material.
E non podíamos quedar sen agrader a Climbskin que agasallou aos gañadores con un Kit de coidado para a pel, así como a algúns dos outros participantes co mesmo kit, e un Organic Silicium Gel para todos os participantes.
E que dicir de Bonilla a la vista que todos estes anos ven poñendo ese toque que tanto gusta a os participantes.
Tamén queremos agradecer a Apersa por colaborar durante tantas edicións como patrocinador do Maratón de escalada.
Esperamos vervos de novo na próxima edición!
Nova ubicacion da exposición do concurso fotográfico, que segue viaxando pola provincia. Esta vez, en terras de Celanova. Grazas ao Concello por facilitarnos este magnífico espazo. Podedes visitala no edificio do Concello na sala Arcos ata finais de mes
Atópase, dende o día 8 de abril e ata fin de mes, no Pavillón dos Remedios ( acceso ó anexo) a exposición cas fotos máis votadas do último concurso fotográfico do club.
Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón