Hosting por Logo dinahosting
1 Febreiro, 2022

Coñece a escalada de varios longos equipados

Sábado 29 de xaneiro

 

Budiño terreo de pitóns e de fisuras é un deses sitios con arquitectura propia, con carácter, donde un se fai escalador deses que usan os pes e a cabeza para progresar e donde o músculo e as cores chamativas das resinas desentonan por doquier.

Escola que permite coller aire e adentrarse no mundo da escalada de longos.

 

Con esa intención nos xuntamos uns cantos do CAM interesados en coñecer os aspectos básicos da montaxe de reunións e das maniobras con corda habituais para este tipo de progresións. A Alfange, a Calavera, a Reina, a Siniestro permitíronnos poñer en práctica moitas situacións e maniobras a coñecer neste terreo de xogo.

Bibliografía:

  • Guia de Escalada – Galicia Vertical
    • Autores: Miguel Seoane – Javier Carreras
    • Descatalogada
  • Guía de escalada de Galicia – Rocha Nai

 

1 Febreiro, 2022

Montihuero – Ubiña 22-23 Xaneiro 2022

Sabado 22 – Ubiña

Un ano máis xuntámonos na casa do alpinismo galego, Ubiña, para facer un recordatorio das técnicas de progresión e de autodetención na montaña invernal.

 

 

Todos os que saímos ó monte en inverno debemos ter interiorizados certos automatismos que nos permitan responder con présa e efectividade ante unha situación de caída ou de perda de control en terreo xeado.

Inda que son situacións que non acontecen de acotío, por eso mesmo, é necesario recordalas e practicalas.

 

 

 

 

 

 

 

Aproveitamos a pala do Prau para facelas prácticas e algúns de nós ascendemos o seu cume.

 

Video de repaso da técnica de autodetención

 

Domingo 23 – Montihuero (Montigüero)

Coa intención de poñer en practica o aprendido o sábado, o domingo saímos de Torrebabia polo camiño que sube a La Laguna de las verdes, en busca de neve.

 

Xa na lagoa, comprobamos que pola normal ao Montigüero non había neve, polo que acordamos continuar en dilección este para ascender pola ladeira nevada da Peña de los años, que tiñamos de fronte.

 

 

 

Unha vez arriba, dirixímonos cara Peña Redonda para coller o cordal que nos levou ao Montigüero xa sen neve. O descenso fíxose pasando polo Pico de las Eras , e despois dun pequeno destrepe, continuamos baixando polas eras do Montigüero ata chegar ao camiño de subida a menos de medio km de Torrebarrio

18 Xaneiro, 2022

Documental

Morrer na montaña, morrer na cidade? (Mendian Hil Hirian Hil)


Se te perdiches este documental na Semana Audiovisual  ou se che apetece volver velo, esta é a túa oportunidade. Repoñemos o documental  “Morrer na montaña, morrer na cidade” (Mendian Hil Hirian Hil) un diálogo sobre a morte, que conecta a montaña coa rúa e a rúa coa montaña. Unha proposta firme para a lembranza. Un canto á esperanza.
                                                                                                                                                                 
Mércores 27 xaneiro
Hora: 20:30h
Entrada de balde

Sinopse

¿Pódese lembrar a un ser querido falecido nun cumio ou nunha habitación de hospital sen que a memoria cree un sufrimento insoportable? A morte e a lembranza do ser querido, a superación do sufrimento pola perda e a esperanza de futuro, a vida dos que quedaron… Estes son os principais ingredientes a través dos que se desenvolve o novo documental de Iñaki Peña, doutor da Unidade de Paliativos do hospital comarcal do Alto Deba. Unha obra que pon o broche de ouro a unha triloxía sobre a morte, o proceso de loito e a superación. ”

¿Debemos medir as montañas polos seus metros de altitude, ou pola experiencia, experiencia e satisfacción que nos proporciona pisalas?” É o reflexo de Felipe Uriarte, un veterano alpinista vasco e referente entre moitos montañer@s e Himalaistas de todo o País Vasco. É unha das reflexións que fai un dos protagonistas do documental Mendian Hil, Hirian Hil. O novo documental de Iñaki Peña tenta introducir ao espectador nunha reflexión serena sobre a morte dun ser querido na montaña, nos cumios dos Pirineos ou no Himalaia.

24 Decembro, 2021

Aberto o prazo para federarse 2022

Dende hoxe, xa pode tramitarse a licenza federativa da Federación Galega de Montaña (FGM) e da Federación Galega de Espeleoloxía (FGE) para o vindeiro 2022.

Este ano o procedemento para federarse será o mesmo que o ano pasado. As licenzas poderán tramitarse:

Lembra que é imprescindible ser socio do club para tramitar a licenza. Podes facerte socio por un só trimestre.

O pago da mesma  seguirá realizádose por transferencia bancaria ou ingreso bancario.

Xa a tramites por internet, ou no local do club, pedimosche que nos facilites o traballo e traigas xa o xustificante de ingreso pola licenza solicitada.

Haberá que facer unha solicitude de licenza por socio, ainda que o ingreso bancario poderá facerse por varias licenzas sempre que no concepto se contemple o nome de TODOS os socios solicitantes das licenzas.

Prezos das licenzas da FGM 2022

2022 Prezos licenzas FGE

PROCEDEMENTO PARA FEDERARSE

  1. Ser socio do club con todas as cotas ao día.
  2. Elixir o tipo de licenza que desexas e si precisas algún dos suplementos que coma en anos anteriores se págan por separado.
  3. Abonar na conta do club (por ingreso ou transferencia) o importe da licenza escollida e suplemento se é o caso indicando como concepto Licenza de … (Nome e apelidos do solicitante). IBAN: ES06 0019 0448 4840 1002 8285 (Deutsche Bank).
  4. Cumplimentar o formulario de solicitude ou pasarse polo local do club.

Lembra que durante o ano poderás ampliala pero ten un custo de tramitación de 3€ máis a diferenza entre a licenza actual e a nova desexada.

 

Ligazón ao formulario de solicitude

Aquí poderás consultar máis  detalles das licenzas https://www.clubalpinoourensan.es/sobre/federarse/

 

Os Federados de modalidades infantís e xuvenís, que no momento que acrediten ter un Pai ou unha Nai federados, obterán un desconto do 50% no precio do seguro, e decir, pagarán as Licencias co prezo fixado no cadro de prezos axunto pola súa totalidade, e unha vez acrediten ter o pai ou a nai federado no ano 2022,  abonaránselle as cantidades correspondentes según o tipo de Licenza.

7 Setembro, 2021

XXI Concurso fotográfico Club Alpino Ourensán 2021

Nova convocatoria do concurso fotográfico do club, para montañeiros fotógrafos e fotógrafos montañeiros, no que podes presentar os teus traballos ou formar parte do xurado que elixirá os premios de entre todas as fotos presentadas.

Con este concurso pretendemos que os socios se animen a levar a cámara as súas actividades, e a buscar pacientemente o momento perfecto de luz, despois dunha longa xornada de actividade, ou na beiravía da estrada parados por un fotoxénico luscofusco.

Bases XXI Concurso Fotográfico Club Alpino Ourensán 2021

Como resumo das bases do concurso:

  • Para participar é preciso ser socio do club.
  • As obras, tres como máximo, presentaranse a concurso únicamente como arquivos dixitais en formato JPEG de alta calidade (pouco comprimido), cun tamaño mínimo de 1500 px no seu lado maior, una resolución mínima de 300 dpi (puntos por polgada) e un peso máximo de 8 mb.
  • Para participar, enviaranse as obras a [email protected] indicando título das obras, nome e apelidos do autor, número de teléfono e correo-e
  • O prazo de recepción de fotografías comeza ás 00:00 do 7 de setembro de 2021 e remata ás 23:59 o 15 de outubro de 2021.

Ademais, se queres formar parte do xurado, escríbenos a [email protected]

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón