Hosting por Logo dinahosting

Escola de escalada Segad-Caldas

Escola de escalada deportiva equipada os anos 90 por Victor Sánchez e Alfredo Chavert.

As primeiras vías en ser equipadas foron Bajame unha paella (6a) e A Vituco (7a), que son das máis recomendables da zona. A escola consta de 22 vías do equipamento orixinal máis 10 vías novas, unha delas en autoprotección, que abriron ao re-equipar a zona desde o verán de 2014, Miguel Aviñoá, Ernesto Fernández “Niger”, Pablo Ces e Arturo Ferreiro. A reequipación realizouse respectando ao máximo as liñas e o equipamento orixinais, que pola deterioración do material, quedara danada e era perigosa.

Con orientación Suroeste, adoita ter temperaturas altas, polo que no verán é mellor evitar as horas centrais do día. No inverno en épocas de choiva algunhas vías chorrean, auque adoita secar rápido.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón