Hosting por Logo dinahosting

Rocódromo

O Club Alpino Ourensán xestiona o rocódromo municipal de Ourense, situado no Pavillón dos Remedios.

Durante a tempada 2018/2019 horario de club para o uso do rocródromo, no que o Club Alpino Ourensán pon o material (cordas, arneses, etc) será os luns de 21:30 a 23:00 horas, comenzando este próximo luns 1 de outubro de 2018 ..

Lembra que esta é unha actividade gratuita de dinamización do rocódromo e a que non é preciso apuntarse. Non é preciso levar cordas, expreses, etc, pero se dispós de arnés, é recomendable levalo ainda que alí tamén dispoñemos de varios.

Ademais, os martes e xoves de 16:00 a 19:00 foron adxudicados á escalada, constando o Club Alpino Ourensán como adxudicatario no horario de ditas tardes. Estos dous horarios serán destinados ao uso libre do rocódromo pola comunidade escaladora. Dado que estas dúas tardes foron solicitadas para a escalada, se o Consello Municipal de Deportes ten constancia do non uso das instalacións pode retirar a cesión da mesma, polo que anímate a escalar e facer uso do rocódromo neses horarios.

Informamos tamén que a Xerencia do Pavillón dos Remedios, complexo onde se atopa situado o rocódromo, comunicounos que para o uso do mesmo, todos os deportistas teñen que estar federados e cun seguro que lles cubra a escalada en rocódromo.

 

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón