Sección de Escalada
A escalada nace como disciplina do montañismo, pero hoxe é unha actividade en si mesma, en todas as súas modalidades, como son a escalada deportiva, clásica, en roca ou en xeo, artificial ou boulder.
Practicalas é o que facemos no Club Alpino, onde propomos un espacio para coñecer outra xente que escala e poder aprender, mellorar e retarnos. Quedar e sair a novas escolas de escalada, dispor de material para practicar este deporte e soñar con estár algún día no Naranjo de Bulnes, en Yosemite ou en Dolomitas.
Chamamos escola de escalada a aquela area que dispón de seguro artificiais colocados na roca para asegurar o noso ascenso sen asumir grandes riscos. Nestos lugares practícase a escalada deportiva. A clásica é outra historia, xa que estamos falando de montañas nas que nos teremos que colocar os seguros para poder chegar arriba, igual que no xeo.
O boulder en cambio, non hai seguros xa que se trata dunha escalada a pouca altura, 3 ou 4 metros no que as caidas fanse sobre unha colchoneta. Todas estas son distintas formas de chegar ao mesmo lugar: ao interior dun mesmo!
Na nosa area, as zonas de escalada máis próximas están no Cañón do Sil, na serra da Peneda (Portugal), en Covas (Barco de Valdeorras) ou en Budiño (Pontevedra). Pero son centenares os lugares que a escalda permite coñecer. Todos eles teñen incribles paisaxes, montañas que semellan inespugnables ou paredes nas que semellamos diminutos. Tamén hai zonas de boulder en Seixalvo e Pena Corneira.
O club dispón tamén dun espazo de entrenamento no rocódromo municipal que seatopa no Pavillón dos Remedios.